spot_img
InicioVal MiñorNigránO director xeral de Fundación Menela e o conselleiro de Política Social,...

O director xeral de Fundación Menela e o conselleiro de Política Social, reuníronse para avanzar na posta en marcha da nova residencia

o-director-xeral-de-fundacion-menela-e-o-conselleiro-de-politica-social-reunironse-para-avanzar-na-posta-en-marcha-da-nova-residencia

Cipriano Jiménez, director xeral de Fundación Menela, e o director xerente, Jose Manuel Varela, reuníronse có conselleiro de Política Social, José Manuel Rey para avanzar na posta en marcha da nova residencia para persoas adultas con TEA.

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo un encontro de traballo cos responsables da Fundación Menela, de atención ás persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) e as súas familias. Deste xeito, o responsable da área social apuntou cara a necesidade de “mellorar a calidade de vida destas persoas e das súas familias a través da especialización e da integración social” e lembrou que a Consellería de Política Social destina no ano 2016 un total de 1.077.810 euros para o mantemento das 55 prazas concertadas que a Xunta de Galicia financia no Centro Castro Navás do Concello de Nigrán.

comillasLembra que a Consellería de Política Social destina no ano 2016 un total de 1.077.810 euros para o mantemento das 55 prazas concertadas que a Xunta de Galicia financia no Centro Castro Navás do Concello de Nigrán

O conselleiro destacou a función do Centro Castro Navás como un dos recursos máis importantes da Fundación Menela. Este centro acolle a persoas maiores de 16 anos con Trastorno do Espectro Autista en réxime de Media Pensión (14 prazas concertadas pola Xunta) e distintos tipos de estancias de residencia, con e sen fin de semana (41 prazas concertadas). Deste xeito, desde este edificio a Fundación Menela presta servizos de terapia ocupacional e axuste persoal e social, así como desenvolve actividades de ocio dirixidas a reforzar as habilidades de inclusión social e desenvolvemento autónomo. A atención que a Fundación Menela presta aos seus pacientes compleméntase coa Sede Social, o edificio CAMI e o Centro de Educación Especial Menela.

comillasAnuncia o incremento dun 26% no convenio coa Federación Autismo Galicia, da que forma parte Menela e lembra que a Xunta conta con 194 prazas concertadas para as persoas con este trastorno nos sete centros da comunidade que contan cun financiamento de 3,6 millóns de euros

Nas súas verbas, Rey Varela, anunciou ademais o incremento dun 26% no convenio coa Federación Autismo Galicia, da que forma parte a Fundación Menela, ata acadar os 155.044 euros e lembrou que a Xunta de Galicia conta con 194 prazas concertadas para as persoas que sofren este trastorno nos sete centros que están distribuídos na Comunidade galega e que contan cun financiamento de 3,6 millóns de euros. Do mesmo xeito, informou que neste ano 2016 o número de prazas concertadas amplíase en polo menos 20 prazas máis.

Na súa visita, o titular da área social manifestou que a Comunidade Autónoma de Galicia é ”pioneira en dotarse dunha carteira específica de servizos sociais dedicada á promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia”. Deste xeito, acádase unha maior especialización e programas concretos para todos os colectivos diferentes como é o caso das persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA).

- Publicidade -spot_img