spot_img
InicioO MorrazoBueuO desfile do enterriño da sardiña de Bueu desafía a chuvia e...

O desfile do enterriño da sardiña de Bueu desafía a chuvia e enche as rúas de ledícia

o-desfile-do-enterrino-da-sardina-de-bueu-desafia-a-chuvia-e-enche-as-ruas-de-lediciaO Concello de Bueu organizou este mércores pola tarde o desfile infantil do Enterriño da Sardiña, no que participaron oito grupos, entre asociacións de nais e pais da vila e diversos colectivos:  Anpa A Pedra, Anpa Alborada do Virxe Milagrosa, Anpa Torre Cela, Anpa Cabo Udra de Beluso, Anpa Pichirilo da Galiña Azul, Escola Infantil Tranvía, e os grupos Pandy Panda e Los ochenteros.

Revista Cousas de Nº24

O desfile arrancou dende a Praza Massó ás cinco da tarde desafiando a chuvia, e percorreu as rúas Montero Ríos, Francisco Escáneo, Pazos Fontenla, Johan Carballeira, con remate na carpa de As Lagoas, na que tivo lugar a entrega de diplomas aos participantes e a desfeita da sardiña, que este ano foi elaborada novamente con globos por parte de Barafunda. Carmen García, concelleira de cultura, destacou a edición multitudinaria e agradeceu a todos os grupos a súa implicación para manter viva “a ilusión dos máis pequenos e pequenas neste día e desafiando a chuvia”.

O seguinte desfile será o do Paxaro de Mal Agoiro, que está previsto para este domingo aínda que dende a organización se valorará adialo debido ao mal tempo, decisión que se anunciará nos próximos días a través das redes sociais e da páxina web oficial.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.