spot_img
InicioGaliciaO CSIC avanza no proxecto PLANTCRAFT coa creación do Laboratorio de Arqueobotánica...

O CSIC avanza no proxecto PLANTCRAFT coa creación do Laboratorio de Arqueobotánica en Santiago

o-csic-avanza-no-proxecto-plantcraft-coa-creacion-do-laboratorio-de-arqueobotanica-en-santiagoA investigación, que se centra no noroeste da Península Ibérica, busca reconstruír as relacións entre persoas e plantas a través da arqueobotánica entre a Idade do Bronce e a época romana.

A revista ‘Cousas de’ despídese cun número especial

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), a través do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT), avanza no proxecto “Plantas, artesáns e configuración da paisaxe desde a Idade do Bronce ata a época romana no Noroeste da Península Ibérica (PLANTCRAFT)” iniciado en 2024 e que concluirá o próximo ano. Está financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades/Axencia Estatal de Investigación e pola Unión Europea NextGenerationEU/PRTR no marco da convocatoria de Consolidación Investigadora.

A investigación, liderada por María Martín Seijo, científica titular, propón unha nova mirada á arqueoloxía a través do estudo non só dos obxectos do pasado, senón das paisaxes que xurdiron do traballo artesanal que implica en moitas ocasións o manexo e manipulación das plantas.

Aborda para iso o estudo da artesanía vexetal entre a Idade do Bronce e a época romana (2.200 a.C. a 500 d.C.), mediante a análise de múltiples evidencias arqueolóxicas do suroeste de Europa (norte de España e Portugal). De carácter inter e multidisciplinar, implica metodoloxías de vangarda para o rexistro e análise da artesanía vexetal, axuntando avances metodolóxicos no rexistro de escavacións, a arqueobotánica e outras técnicas analíticas, con achegas da etnoarqueología, a etnobotánica e a arqueoloxía experimental.

O fin último é producir datos ambientais procedentes da artesanía de orixe vexetal que permitan comprender mellor as transformacións da paisaxe no pasado.

“Centrámonos na recuperación e análise de obxectos arqueolóxicos elaborados con materiais vexetais —como madeira, cortiza ou fibras— que, a pesar do seu carácter perecedoiro, chegaron ata nós grazas a condicións excepcionais de conservación: o lume, a saturación de auga en covas e ríos ou o contacto con metais. Aínda que moitas veces ignorados no rexistro arqueolóxico, estes obxectos foron esenciais na vida cotiá do pasado, desde a Idade do Bronce ata a época romana”, explica Martín Seijo, quen destaca que “un simple cesto ou unha ferramenta de permite interpretar as paisaxes históricas como resultado directo do traballo madeira fálannos de moito máis que a súa función práctica. Permítennos reconstruír como se coidaban, colleitaban e manipulaban as plantas, e como estas prácticas moldeaban a contorna”.

O enfoque co que se está abordando humano e do coñecemento ecolóxico acumulado polas comunidades do pasado.

Entre os avances alcanzados ata o momento no marco do proxecto figura a creación do Laboratorio de Arqueobotánica, integrado no Laboratorio de Arqueometría do INCIPIT, que integra os laboratorios de imaxe multibanda de alta resolución nos rangos ultravioleta, visible e infravermello, de análise de fluorescencia de raios X, de pirólisis analítica e de petrografía de materiais arqueolóxicos.

“Este novo espazo especializado, que forma parte do Catálogo de Tecnoloxías do CSIC -que reúne as 100 con máis potencial no organismo-, ofrece a entidades públicas e privadas un servizo integral de análise para a caracterización dos fráxiles macrorrestos vexetais e asesoramento en intervencións arqueolóxicas. Tamén permite a análise non só de restos carbonizados, senón tamén de madeiras asolagadas e mineralizadas, así como o de fibras, incluíndo as preservadas como sinais sobre outros materiais. Por último, destaca pola posibilidade de exame de elementos manufacturados en materiais vexetais e a elaboración de propostas de prototipos baseados en modelos arqueolóxicos”, explica Martín Seijo.

Por outra banda, en diversos eventos académicos e publicacións científicas está a darse conta dos primeiros resultados obtidos no marco desta investigación. Nesta liña de actuación esta fin de semana integrantes do equipo de investigación participarán no “IV Encontro Internacional de Cestería non Camiño”, que terá lugar en O Cebreiro.

@Fonte:CSIC

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.