spot_img
InicioVal MiñorGondomarO CPA Gondomar proclámase campión de Europa 2023 en show junior

O CPA Gondomar proclámase campión de Europa 2023 en show junior

O CPA Gondomar proclámase campión de Europa 2023 en show juniorA pasada fin de semana tivo lugar o CAMPIONATO EUROPEO DE SHOW en Paredes-Portugal, e o equipo do Club de Patinaxe Artística Gondomar conseguiu alzar a copa de ouro proclamándose así campión europeo na modalidade de show junior.

Revista COUSAS DE Nº17

Este equipo liderado polo seu adestrador David Figueroa xunto á coach e preparadora física María Nombela, saíron a pista con máxima entrega, representando a súa arte deportiva coa súa “Mens sa incorpore patiens” conseguindo rodar ata o alto do podio europeo e portar a copa de ouro.

O grupo entregouse integramente á pista portuguesa de patinaxe como unha seda, superando a grandes equipos e demostrando o seu “saber facer” na mesma.

O público alzouse para aplaudir e venerar ao grupo galego que co seu programa “MENS SA IN CORPORE PATIENTS” que non deixou indiferente ao xurado . “Chámanche enfermidade autoinmune porque fibra a fibra destruireiche, conseguirei que rezumbe na túa mente cada golpe do segundero mentres loitas, inxenua, esta batalla perdida”. Con ese presaxio saíu a pista o club gondomareño despregando a súa forza, a súa velocidade, a sincronización en bloque que lles caracteriza, destacando pola súa gran interpretación conxunta, así como a súa harmonía nos movementos enche de emocións que se trasladaban ao público con cada movemento ou pirueta.

O público vibrou co seu sobrecogedor show que consegue enganchar ao espectador e crear un silencio de admiración cara ás súas destacables cruces, dificultade, velocidade, elevacións, sincronización e risco, conseguindo unha puntuación de 34,06.

Esta nova modalidade para o CPA Gondomar 2023, está formado por 13 integrantes ; Paula, Leire, Lola, Marta, Lena, Adriana, Sofía, Sara, Ainhoa, María, Joel , Xiana e Noa. As dúas últimas, integrantes do anterior show, small group, medallista mundial de Arxentina 2022.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.