spot_img
InicioCondado ParadantaO Corpus Christi de Ponteareas, candiadato a "Mellor Patrimonio Cultural" nos premios...

O Corpus Christi de Ponteareas, candiadato a “Mellor Patrimonio Cultural” nos premios +Historia de National Geographic

Ponteareas reclama á Xunta información sobre o expediente para a declaración BIC Inmaterial das Alfombras de flores do Corpus
Foto arquivo Concello de Ponteareas

Hoxe abre o prazo de votación para apoiar a candidatura da Vila do Corpus, no que calquera persoa pode votar a través da web de National Geographic

Revista Cousas De Nº22

A celebración do Corpus Christi do Concello de Ponteareas é candidata na categoría a ‘Mellor Patrimonio Cultural’ nos I Premios de los Lectores +HISTORIA da revista Historia National Geographic, organizados co apoio do Ayuntamiento de Córdoba.

Nesta categoría premiarase a aquela manifestación ou tradición, relixiosa ou pagá, aberta a un público maioritario e sen nesgo de idade ou condición, e que polo tanto entre na categoría do que se considera, por definición, ‘popular’. Apreciarase o arraigamento desta festa ou tradición, os valores que transmite e o seguimento que ten.

O Concello convida a votar á candidatura do Corpus a través da páxina web de National Geographic dende hoxe mesmo e ata o xoves 10 de outubro (ambos días incluídos). Os gañadores daranse a coñecer no número de decembro da revista Historia National Geographic.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

A inclusión do Corpus Christi nestes premios é un recoñecemento máis á tradición de Ponteareas e un pulo de cara á súa promoción nacional e súmase á declaración como Ben de Interese Cultural na categoría de Patrimonio Inmaterial concedida este mesmo ano e á declaración de Festa de Interese Turístico Internacional.

COMO VOTAR
1. Acceder á páxina web das votacións: https://historia.nationalgeographic.com.es/a/primeros-premios-historia_21873
2. É obrigatorio votar nas seis categorías de premios para que o voto sexa válido.
3. Podes votar dende o 23 de agosto e ata o xoves 10 de outubro (ambos incluídos).
4. Todos os participantes entrarán no sorteo de oito cámaras Fujifilm Instax Mini 90.
Os gañadores daranse a coñecer no número de decembro de Historia National Geographic..

- Publicidade -spot_img