spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaO Coro e Orquestra Rás Baixas pechan o Ciclo "Pórtico Sonoro" de...

O Coro e Orquestra Rás Baixas pechan o Ciclo “Pórtico Sonoro” de Redondela

Coro-Orquestra-Rás-Baixas-pechan-Ciclo-Pórtico-Sonoro-RedondelaA igrexa de Santa María de Reboreda acolle este sábado, 28 de marzo, ás 21.00 h, o último dos concertos do ciclo de música PÓRTICO SONORO.

 REDONDELA (reboreda) 025 (Copiar)Nesta ocasión o concerto correrá a cargo do Coro de Cámara Rías Baixas e Orquestra, que interpretarán o Réquiem en Do menor de Luigi Cherubini (1760-1842).

 Esta composición foi estreada en 1817 na conmemoración da execución de Luis XVI. O compositor Italiano, gran esquecido da súa época a día de hoxe, compuxo esta obra considerada por compositores coma Beethoven ou Schumann, o mellor drama da época, incluso sobre o coñecido Réquiem de Mozart.

 Coro de Cámara Rías Baixas e Orquestra

 O Coro de Cámara Rías Baixas fórmase a finais de 2013 en Vigo coa finalidade de suplir a carencia de formacións corais que poidan colaborar con orquestras, bandas e grupos de cámara no sur de Galicia. Ademais das colaboracións con grupos instrumentais, tamén pretende servir de impulso para novos solistas e de ferramenta para compositores noveis ou xa consagrados da área das Rías Baixas. O nome do coro resume dita finalidade, así como a procedencia variada dos seus compoñentes e o seu ámbito de actuación.

 En 2014 celebrou tres concertos: un primeiro concerto de presentación, no Conservatorio Profesional de Música de Vigo; outro no marco do festival ExplurArt 2014; e, finalmente, un concerto no II Festival Groba no Auditorio de Ponteareas, no que estreou a obra Van comigo e unha nova versión da cantata Anxos de Compostela, ambas de Rogelio Groba, coa Orquestra de Cámara Galega. Os comentarios e críticas recibidos foron positivos.

 Cómpre salientar a participación das solistas Marina Penas (soprano), María Rivera (contralto), Diego Neira (tenor) e Pedro M. Tapia (baixo), así como os pianistas Alejo Amoedo e Brais González, na interpretación da Petite Messe Solennelle de G. Rossini.

No primeiro semestre deste 2015 o coro xa ten programado concertos nas cidades de Vigo, Pontevedra, Redondela, Cambados e Ourense. Na súa programación figura o Réquiem en Do menor de L. Cherubini con orquestra, e a estrea de obras corais compostas para o Coro de Cámara Rías Baixas por compositores galegos.

 Bruno Díaz

Graduado Superior en Musicoloxía e en Instrumentos da Música Tradicional e Popular Galega, Bruno Díaz, é oCoro-Orquestra-Rás-Baixas-pechan-Ciclo-Pórtico-Sonoro-Redondela director e fundador do Coro de Cámara Rías Baixas.

Ademais doutros colectivos corais, é director do Coro Xove de Vigo e do Coro Infantil Os Fragosiños. Fixo cursos de dirección coral da man de Basilio Astúlez, Maite Oca, David Azurza, Esteban Urzelai, Marco A. García de Paz e Gabriel Baltés. A súa experiencia coral en coros coma o Collegium Compostelanum, o Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia e o Coro Gaos permítenlle chegar ao eido da dirección despois de traballar con Maximino Zumalave, Fernando L. Briones, Joan Company, Víctor P. Pérez, Tom Koopman ou Lorin Maazel, entre outros.

 A formación que se poderá escoitar neste concerto conta con máis de 20 cantores, a catro voces, e 30 músicos que inclúen instrumentos de corda, vento e percusión.

 A entrada é libre.

- Publicidade -spot_img