spot_img
InicioVigo e áreaVigoO Conservatorio Superior de Música de Vigo presenta a IV edición da...

O Conservatorio Superior de Música de Vigo presenta a IV edición da “Semana da Producción e Xestión” cunha ambiciosa programación

O Conservatorio Superior de Música de Vigo presentou a IV edición da “Semana da Producción e Xestión” cunha ambiciosa programación que transcorrerá do 18 ao 21 de marzo. Trece actividades estarán protagonizadas por 18 grandes nomes das industrias culturais de todo o territorio español, ás que se poden asistir no CSM de Vigo, abertas ao público e gratuítas.

Revista Cousas De Nº20

O cartel está formado por figuras como Cristina Pato, intérprete musical, escritora, educadora e xestora cultural; Abraham Cupeiro, construtor e multiinstrumentista; Eloy Fernández, Claudia Ortiz e María Casado, secretaría xeral de Juventudes Musicales de España, que estarán acompañados pola súa vicepresidenta e profesora do CSM Vigo, Andrea González; Miguel Diéguez e Mariluz González en representación da SGAE; Paco Moya, produtor discográfico do selo IBS; Silvia Modia, subdirectora e programadora do Auditorio de Galicia; Alexander Rodríguez, músico, enxeñeiro informático e de son; Wajari Velasquez, consultor SEO, docente na Universidade de Vigo e experto en posicionamento de marca; Benxamín Otero, oboísta, docente no CMUS Profesional de Lalín, compositor e produtor; Bea Porrúa, Belén Bouzas e Dani Salgado, docentes da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia; David Gutiérrez  produtor e xestor musical, docente e fundador de Promusi; Álvaro Rodríguez, representante de Nume Producións; Ismael Arias de Ouvirmos.

Oswaldo Costal Oro, xefe do departamento de Produción e Xestión que organiza estas xornadas, desvelou esta programación destacando que  “é unha oportunidade única para coñecer grandes figuras da música, algunhas delas conectaranse mesmo desde EE.UU.”. Doutra banda, Esteban Valeverde, director do conservatorio, resaltou que “Produción e Xestión do CSM Vigo é un produto de calidade”.

o-conservatorio-superior-de-musica-de-vigo-presenta-a-iv-edicion-da-semana-da-produccion-e-xestion-cunha-ambiciosa-programacion

A “Semana da Produción e Xestión” é un evento organizado polo profesorado e alumnado do departamento de Produción e Xestión de Música e Artes Escénicas do CSM de Vigo que pretende abarcar unha visión completa do panorama musical actual mediante conferencias e obradoiros no campo das industrias culturais, e coa participación de expertos e expertas de gran prestixio do ámbito nacional e internacional.  A alumna María Orois destacou na rolda de prensa que “esta é unha oportunidade e experiencia formativa moi enriquecedora por ter un formato único onde todo o alumnado participa activamente”

Esta especialidade iniciouse no ano 2018, sendo unha titulación de grao pioneiro en España, que forma en xestión e produción das industrias musicais e culturais, por exemplo creación e produción de festivais,  xestión de artistas, gravación discográfica, entre outros múltiples formatos culturais. Destacar a boa saúde que gozan as industrias musicais que xeraron un 1,5 de PIB en España, sen contar a repercusión que ten para a hostelaría ou outros sectores.

Este proxecto foi realizado polo departamento de Produción e Xestión integrado polos docentes Oswaldo Costal Oro, María Domínguez, Andrea González e María Fernández Trillo. Así como, polo alumnado da especialidade encargado da organización, coordinación e divulgación das actividades: Claudia dos Santos, María Orois, Leticia Ogando, Martín Parada, Xián Fernández, Xoán Lois, Román Meijomín, Daniel González, Eva Pico, Manuel Fernández, Xurxo Costas e Sara María Álvarez.

PROGRAMACIÓN

Luns 18 de marzo:

  • Eloy Fernández, Claudia Ortiz e María Casado de Juventudes Musicales de España (Aula 4 del CSM Vigo, ás 11.00h)
  • “Conversas con Abraham Cupeiro” por Abraham Cupeiro (Auditorio Martín Codax ás 17h)
  • “IBS Classical: 20 años de produción discográfica” por Paco Moya (Auditorio Martín Códax ás 19h)

Martes 19 de marzo:

  • O Corazón de la SGAE: o seu arquivo e a protección dos Dereitos de Autor” por Miguel Diéguez e Mariluz González, representantes da Dirección Territorial Nordeste da SGAE (Sociedad General de Autores y Editores) (Aula de Orquestra, ás 10h)
  • “Identificación de oportunidades: Creatividade e emprendemento” por David Gutiérrez (Aula de Orquestra, ás 12.30h)
  • “Ferramentas escénicas para a produción musical” (ESAD Galicia, ás 16.00h)

Mércores 20 de marzo:

  • “Sinfonía en SEO Mayor: os tempos de Google” por Wajari Velasquez (Aula 15, ás 11h)
  • “Nume producións: para facermos cultura con calidad e e corazón” por Álvaro Carballo (Aula 15, ás 16.00)
  • Ismael Arias (Aula 15, ás 17.30h)
  • “A Revolución da IA: Redifinindo os Paradigmas Creativos” por Alexander Rodríguez (aula 15, ás 19h)

Xoves 21 de marzo:

  • “Taller de Loops con Benxamín Otero” por Benxamín Otero (Aula de Orquestra, ás 11h)
  • “A experiencia de xestión cultural nun equipamento público” por Silvia Modia (Aula de Orquestra ás 16.30h)
  • “Entremedias: Interseccións e Sostenibilidade Cultural” por Crisitina Pato (Aula de Orquestra ás 18.30h)
- Publicidade -spot_img