spot_img
InicioGaliciaO Consello Da Cultura Galega, promotor de “Patrimonio e Fronteira”, un congreso...

O Consello Da Cultura Galega, promotor de “Patrimonio e Fronteira”, un congreso internacional para reflexionar sobre patrimonios que nos son comúns

tomino-e-cerveira-poderan-escoller-catro-proxectos-educacion-e-cultura-poner-marcha-na-segunda-edicion-do-orzamento-participativo-transfronteirizoO Consello Da Cultura Galega, promotor de “Patrimonio e Fronteira”, un congreso internacional para reflexionar sobre patrimonios que nos son comúns

O Consello da Cultura Galega (CCG), como observador consultivo da Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa (CPLP), ten entre as súas funcións promover e difundir o idioma común dos países integrantes da CPLP e a súa diversidade cultural nun espazo extracomunitario como é Galicia, coa que comparte, ademais, unha fronteira en común. Neste marco é como nace o congreso “Patrimonio e Fronteira”, no que se pretende reflexionar sobre patrimonios que nos son comúns.

O obxectivo do congreso é, por unha parte, debater acerca dos conceptos de fronteira e patrimonio e como estes se mesturan nos espazos raianos, traspasándoos e constituíndo un espazo de intercambio, de creación de identidade e de novas realidades patrimoniais. Pero tamén de patrimonios que unen e que separan en función das nosas realidades político-económico-culturais. Tratará tamén de reflexionar sobre os modelos de xestión patrimoniais axeitados a este tipo de patrimonio.

O congreso articúlase arredor de tres mesas de debate:

FRONTEIRAS QUE UNEN: Na primeira mesa analizarase o concepto de fronteira como espazo de unión no que teñen lugar procesos culturais concretos que se materializan en patrimonios específicos. Nunha primeira parte trataranse as políticas patrimoniais portuguesa e galega, facendo especial fincapé na súa aplicación concreta a estes territorios fronteirizos. Na segunda parte, analizaranse dous proxectos centrados nos patrimonios de fronteira. O patrimonio de fronteira enténdese nesta mesa como elemento transmisor de culturas no pasado e no presente, pero tamén como eixe da xeración de políticas patrimoniais que actúen de forma conxunta na raia. O debate final centrarase nos procesos de significación, xestión e valorización do patrimonio de fronteira.

FRONTEIRAS QUE SEPARAN: Na segunda mesa o eixe condutor será a fortificación na fronteira a raíz da Guerra da Restauração; analizarase a súa materialidade a través de varios proxectos levados a cabo nesta liña e as súas consecuencias para ambos os lados da raia tanto nas propias identidades como na súa posta en valor. Trataremos tamén a propia xeración das fronteiras a través da cartografía. O debate final pretende facer fincapé nos acertos e erros da posta en valor deste patrimonio a partir das propias experiencias desenvolvidas.

CONSTRUÍNDO FRONTEIRAS, DECONSTRUÍNDO REALIDADES: Na última mesa pretendemos pechar o congreso cunha reflexión arredor dos conceptos de fronteira e patrimonio, analizando as fronteiras como proceso construtivo e a necesidade de actuar sobre os patrimonios desde políticas comúns que, precisamente, rompan as fronteiras como concepto administrativo, a través de dúas conferencias que serven de peche do congreso

INSCRICIÓN  http://consellodacultura.gal/evento.php?id=200740

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.