spot_img
InicioBaixo MiñoO concerto do grupo Milladoiro no Teatro Municipal de Tui retransmitirase en...

O concerto do grupo Milladoiro no Teatro Municipal de Tui retransmitirase en directo en tui.gal

O concerto do grupo Milladoiro no Teatro Municipal de Tui retransmitirase en directo en tui.galO Teatro Municipal de Tui acollerá mañá venres, ás 19.30 h, o concerto do Grupo Milladoiro na súa xira 40 aniversario. A capacidade do teatro está reducida a 30 espectadores polas actuais medidas restritivas vixentes en Tui. As entradas dispoñibles esgotáronse xa a comezos de semana. Para poder chegar a máis público o Concello de Tui apostou por retransmitir en directo este evento musical na web municipal www.tui.gal.  O Concello aposta por manter a actividade cultural nestes difíciles momentos e neste caso concreto coa posibilidade de poder gozar cun dos grupos musicais máis importantes de Galicia. Este concerto chega a Tui da man da Xunta de Galicia.

O concerto comezará as 19:30 h pero abriranse as portas media hora antes para as 30 persoas que adquiriron as entradas e completaron o aforo para este concerto. Unha capacidade alterada polo nivel de alerta 3 que afecta a Tui.

Neste concerto Milladoiro repasará os temas que marcaron estas catro décadas de música presentando tamén o seu último disco “Atlántico”. Dende os seus primeiros traballos discográficos, este grupo fixo unha reiterada referencia ao Camiño de Santiago como vehículo de transmisión cultural, de ida e volta, que influiría de xeito determinante na formación cultural de Galicia e en particular no que a música se refire. Referencia que queda patente nos títulos de moitos dos discos e temas, así como dos comentarios que os acompañan.

En todos os seus concertos, ao longo e ancho do mundo, foi unha constante a referencia á cultura galega da que nunca pode estar ausente o fenómeno xacobeo. Concertos en lugares tan importantes coma o Teatro Nacional de Cuba, o auditorio Blackman de Los Ángeles ou nunha longa lista de cidades europeas como Munich, Amsterdam, Niza ou Copenhage. Mañá venres poderemos gozar con Milladoiro no Teatro Municipal de Tui.

Os compoñentes actuais de Milladoiro son Xosé V. Ferreiros, Nando Casal e Moncho García, que permanecen no grupo dende os seus inicios, e Harry.c, Manú Conce e Manuel Riveiro, que se incorporaron nos últimos anos.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.