spot_img
InicioBaixo MiñoO Concello de Tui e ACCEM asinan un convenio de colaboración

O Concello de Tui e ACCEM asinan un convenio de colaboración

O Concello de Tui e ACCEM asinan un convenio de colaboraciónO Concello de Tui vén de asinar, hai uns días, un convenio de colaboración con ACCEM, polo que esta organización realizará diversas actividades en Tui

Previa á sinatura do convenio o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, as concelleiras de Igualdade, Ana Mª Núñez, e Educación, Sonsoles Vicente, e o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, xunto a técnicas municipais, reuníronse cos membros de ACCEM, Daniela Bóveda, responsable territorial adxunta en Galicia, Gemma Landesa, responsable do programa Gadea, e Hafdallah Menni, responsable do programa Novicom.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, amosou a gratitude do concello polo traballo que levan a cabo dende ACCEM salientando que “o voso papel é fundamental”. Indicaba que “as administracións temos o deber e a responsabilidade de estar preto da cidadanía, especialmente da máis vulnerable”. Por iso salientaba a importancia desta colaboración que agora se establece nun concello “cunha casuística particular por ser transfronteirizo e por ter unha composición moi plural”, e indicaba que en Tui “non temos problemas de convivencia pero si de integración”. Concluía desexando que a sinatura deste convenio sexa o inicio dunha frutífera colaboración.

Dende ACCEM destacaron a disposición amosada dende o concello para colaborar. Explicaron o interese de poder desenvolver a súa actividade en Tui ao ser unha cidade fronteiriza e de paso, e explicaron dous dos programa que teñen en marcha Gadea e Novicom.   En concreto a través do proxecto Gadea, financiado co % do IRPF destinado a fins sociais, prestan atención especializada no ámbito xurídico e social, a mulleres migrantes que estean en situación de vulnerabilidade.  No mesmo asesoran en temas de estranxería, permisos de residencia, reagrupamento familiar….

Por outra parte co proxecto Novicom ofrecerán información e realizarán campañas de sensibilización sobre a trata de persoas. Tamén contan cun programa de intervención directa con persoas que exercen a prostitución.

Ao abeiro desta colaboración dende ACCEM realizarán un taller formativo “Sensibilización sobre trata de seres humanos, pautas para a identificación de posibles vítimas” dirixido a persoal de Servizos Sociais, Policía Local, e persoal de atención directa….

Tamén organizarán “Dinámicas de grupo en materia de estranxeiría e trata de seres humanos” e obradoiros de formación e sensibilización en institucións educativas e co profesorado xa de cara ao próximo curso.

- Publicidade -spot_img