O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, recibiu na casa do Concello, polos éxitos acadados no Campionato de España, ás jovenes ximnastas locais Aldara, Rita, Antia e Rosalia, que viñan acompañadas das súas adestradoras Julia e Susana. Tamén entregoulles un obsequio en agradecemento aos seus triunfos e felicitounas polo seu traballo, esforzo e dedicación nun deporte tan duro e esixente como é a ximnasia.
No campionato de España celebrado en Guadalaxara, Aldara Lorenzo proclamouse campioa de España Alevín na modalidade parella feminina , Rita Lorenzo tamén subiu ao alto do podio na categoría cadete parella mixta e por ultimo Antia Soñora e Rosalia Lorenzo foron subcampioas categoría alevín en trio feminino.
Estas deportistas iniciaron a súa aprendizaxe nas Escolas Deportivas de Ximnasia Rítmica do Concello de Soutomaior como paso inicial para despois encadrarse dentro dun club e seguir competindo o maior nivel que é o obxectivo das Escolas Deportivas Municipais.



