spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorO Concello de Soutomaior presenta o programa de actos para conmemorar o...

O Concello de Soutomaior presenta o programa de actos para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero

O Concello de Soutomaior presenta o programa de actos para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de XéneroO Concello de Soutomaior presentou onte o seu programa de actos para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e a edil de igualdade, Cristina González, fixeron pública a nova campaña municipal de concienciación titulada “#Imparables”, coa que o Concello pretende “concienciar á poboación sobre a necesidade de afrontar esta secuela social de maneira contundente”, afirmou o alcalde, Agustín Reguera, durante a presentación

A campaña terá dúas liñas de actuación, unha primeira que se desenvolverá no Centro de Información da Muller de Arcade, que incluirá varias actividades, e unha segunda liña na que se implicará a todos os alumnos de primaria e secundaria do municipio con actividades no seu centro educativo.

As actividades con escolares levarán a cabo ata o próximo día 23 deste mes e pretenden continuar o traballo realizado o pasado ano durante o proxecto “E ti que fas polaigualdade?”, no que se abordaban diversos conceptos sobre a igualdade de xénero de forma positiva e desde a propia responsabilidade.

Ademais, o 20 de novembro terá lugar a representación teatral “Contamos todas”, da compañía Tropa do Carallo. O espectáculo estará dirixido aos alumnos de bacharelato e combina historias contadas con música en directopara inculcar valores como a igualdade, o respecto e a liberdade.

Por último, o 25 de novembro, o Multiusos de Arcade acollerá diversas actividades. Ás 16:30 horas comezarán os primeiros talleres con actividades para os máis pequenos e talleres sobre igualdade para homes e mulleres. Ás 19:00 procederase á lectura do manifesto institucional contra a violencia de xénero que abrirá o concerto do grupo “Cinta Adhesiva”.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, quixo facer “un chamamento para que todos os homes implíquense de maneira real nesta loita. Ser indiferentes fainos cómplices”, finalizou o rexedor.

- Publicidade -spot_img