Inicio Vigo e área Soutomaior O concello de Soutomaior abre o prazo de inscripción no programa de...

O concello de Soutomaior abre o prazo de inscripción no programa de actividades de Entroido 2015

concello-Soutomaior-abre-prazo-inscripción-programa-actividades-Entroido-2015O taller de creación de máscaras de entroido dará comezo esta semana no edificio Multiusos de Arcade

O Concello de Soutomaior, a través da súa Concellería de Xuventude, acaba de presentar o seu programa de actividades para o Entroido 2015. Coa intención de promover a participación infantil e xuvenil nas festas de entroido, a programación inclúe un taller de máscaras e outro de preparación dunha comparsa para o desfile municipal organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Soutomaior. As actividades darán comezo esta semana e estenderanse até o sábado 21 de marzo, día no que terá lugar o desfile municipal de comparsas de entroido.

Para nenos de idades superiores ao oito anos deseñouse o taller de máscaras de entroido de cinco horas de duración. Os asistentes aprenderán a construír as súas propias máscaras con vendas de escaiola e as mellores técnicas para decoralas. O taller, que terá lugar no edificio Multiusos de Arcade, dividirase en dúas xornadas, a primeira o martes 17 de febreiro desde as 11:00 até as 13:30 horas e a segunda o venres día 20, desde as 18:00 até as 19:30 horas. O prazo de inscrición permanecerá aberto até cubrir as 30 prazas dispoñibles para esta actividade.

Co obxectivo de promover a colaboración dos veciños máis pequenos nestas festas celebrarase o taller de preparación dunha comparsa para o desfile municipal. Os participantes crearán a súa propia comparsa veciñal para a cabalgata do próximo 21 de febreiro incluíndo a confección dos seus propios disfraces así como o deseño da coreografía, a música e a caracterización dos seus personaxes. As actividades deste taller realizaranse en dous grupos segundo as idades dos participantes. Un grupo para nenos desde o catro até o once anos e outro para os maiores de doce. O taller divídese en cinco xornadas. Comezará o venres 13 de febreiro desde as 16:30 até as 18:30 horas, o luns 16 e mércores 18 de marzo o horario será de 11:00 a 13:00 horas, o xoves 19 de 16:30 a 18:30 horas e a última xornada será a mañá do día do desfile, o sábado día 21 de febreiro, desde as 11:00 ás 13:00 horas. O prazo de inscrición pecharase cando se ocupen as 30 prazas dispoñibles.

Os interesados en recibir información ou realizar a matrícula nalgunha destas actividades poden facelo online a través da web municipal en www.soutomaior.com/xuventude, chamando ao teléfono 986 700 822 ou nas oficinas da OMIX no edificio Multiusos de Arcade todas as tardes de 15:30 a 20:30 salvo os mércores de 09:00 a 14:00. Con estas ofertas o Concello de Soutomaior pretende ampliar a oferta lúdica das festas de entroido aos máis novos e favorecer a súa integración no desenvolvemento dos eventos da comunidade veciñal.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies