spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaO Concello de Redondela agracede o traballo da Brilat na desinfección dos...

O Concello de Redondela agracede o traballo da Brilat na desinfección dos centros de maiores de Cesantes e Chapela  

O Concello de Redondela agracede o traballo da Brilat na desinfección dos centros de maiores de Cesantes e Chapela  O Goberno municipal de Redondela agradece publicamente “excelente traballo” realizado pola Brilat na desinfección do Centro Residencial de Cesantes e o Centro de Maiores Virgen del Rocío de Chapela, realizado a petición expresa do Concello.

Do mesmo xeito, o executivo que preside Digna Rivas agradeceu especialmente a “sensibilidade e rapidez de resposta” amosado pola subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, ás peticións que nese sentido se formularon dende o Concello Redondelán.

No que fai referencia ao traballo da Brilat o Goberno local subliñou “a minuciosidade e coidado con que se efectuaron os traballos de desinfección”. Ao mesmo tempo, o executivo redondelán apuntou a que a inexistencia de casos positivos en COVID-19 en ámbolos dous centros “fai que cobren especial importancia as labores de prevención que se están a desenvolver para garantir a saúde das e dos residentes así como a do persoal dos centros”.

Pola súa banda, a alcaldesa Digna Rivas adiantou que o Goberno local traballa na posta en marcha de medidas económicas e sociais coa vista posta “no día despois” unha vez que se supere a fase máis crítica do COVID-19.

O Concello, asegurou Rivas, “como administración máis próxima á cidadanía, ten a obriga de habilitar ferramentas que posibiliten que o conxunto da cidadanía poida recuperar a ‘vida normal’ á maior brevidade posible”.

Nesta crise, concluíu a alcaldesa de Redondela, “estivemos todos xuntos, traballando na mesma dirección, e sairemos dela todos xuntos, non deixaremos atrás a ninguén”.

- Publicidade -spot_img