spot_img
InicioCondado ParadantaO Concello de Ponteareas lanza o concurso do cartel de Corpus 2025

O Concello de Ponteareas lanza o concurso do cartel de Corpus 2025

o-concello-de-ponteareas-lanza-o-concurso-do-cartel-de-corpus-2025Para chegar ao maior número de persoas o Concello de Ponteareas, a través da Concellería de Turismo, publica as bases do deseño do cartel da Festa do Corpus 2026. “Un concurso público con xurado, aberto e anónimo no que poderá participar calquera persoa física maior de 18 anos de xeito individual”, explica a concelleira de Turismo, Raquel Bautista.

A revista ‘Cousas de’ despídese cun número especial

Todos os carteis deberán estar relacionados coa festividade do Corpus Christi e as alfombras de flores que se realizan en Ponteareas con motivo desta festividade; as súas xentes, materiais, trazados ou deseños, entre outras cuestións relacionadas con esta celebración.  Iso si, as e os participante deberán incluir  no seu deseño obrigatoriamente a data de celebración “7 de xuño. Corpus Christi Ponteareas 2026” e a menor tamaño “Festa de Interese Turístico Internacional” e “Ben de Interese Cultural”. Na parte inferior do cartel terá que quedar libre unha franxa para colocar os logos da organización e patrocinadores.

Técnica

Cada persoa poderá presentar un máximo de dúas obras de creación propia, orixinal e inédita, de técnica libre dentro dos límites usuais para permitir unha normal reprodución fotomecánica, sen uso de intelixencia artificial.

O prazo de inscrición comeza ao día seguinte da publicación no Boletín Oficial da Provincia e finalizará o día 15 de outubro de 2025.

As bases poderán consultarse na páxina web municipal (www.ponteareas.gal) e nas redes sociais de Cultura e Turismo Ponteareas e nas do Concello.

As obras presentaranse no correo electrónico corpus@ponteareas.gal

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.