Inicio Baixo Miño O Concello de Oia edita un libro dos Bolechas enfocado á igualdade...

O Concello de Oia edita un libro dos Bolechas enfocado á igualdade e diversidade

O Concello edita un libro dos Bolechas enfocado á igualdade e diversidadeA publicación agasallarase a todos os nenos e nenas do municipio polo Nadal

O Concello de Oia vén de editar un novo libro dos Bolechas, unha historia creada ad hoc coa que os máis pequenos e pequenas poderán recibir información sobre igualdade e diversidade dun xeito ameno e cunha trama que se desenvolve en diversos puntos do municipio.

Baixo o título Os Bolechas. Un magosto moi diverso en Oia, os protagonistas desta nova historia aproveitan unha divertida festa de magosto para reflexionar sobre a igualdade de dereitos das persoas independentemente de cuestións de sexo, raza, cor, relixión, opinión, idioma ou país de nacemento.

En canto aos lugares onde transcorre o relato, destacan o barrio do Arrabal e o Mosteiro de Oia, os petróglifos de Pedornes e o mirador das Penizas, o parque infantil de Viladesuso, o Centro Cultural de Mougás, un muíño de Burgueira, a fonte de Santa Comba e os montes da Serra da Groba. Tamén aparecen colexios de Refoxos e Mestre Manuel García (coa súa emisora de radio escolar, Radio Arrabal).

Para a edición do libro o Concello contou cunha subvención da Secretaría Xeral da Igualdade que cubriu o 100% do investimento (subvencións ás entidades locais para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero).

Agasallo de Nadal

O Concello de Oia agasallará o novo libro a todos os nenos e nenas do municipio polo Nadal. Tamén porá a disposición algúns exemplares nas bibliotecas dos colexios.

Esta nova aventura dos entrañables personaxes creados por Pepe Carreiro é a terceira que transcorre en Oia. Previamente, o Concello editara Os Bolechas van a Oia (2017) e Os Bolechas. Oia, o Camiño Portugués da Costa (2018), aos que se suma agora o novo libro sobre igualdade e diversidade.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies