spot_img
InicioVal MiñorNigránO Concello de Nigrán termina as obras de rehabilitación do Faro de...

O Concello de Nigrán termina as obras de rehabilitación do Faro de Canido

o-concello-de-nigran-termina-as-obras-de-rehabilitacion-do-faro-de-canidoO Concello de Nigrán termina as obras de rehabilitación do faro de Canido, adxudicadas a Impervelper por importe de 218.649 € dos que a Unión Europea achega 132.730 € a través dos fondos Next Generation de axudas a entidades locais para a rehabilitación de edificios públicos de titularidade local (Pirep Local), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).

Revista Cousas de Nº24

O investimento, despois de décadas de abandono, permitiu unha reforma integral deste edificio sen afectar a súa superficie e volume co obxectivo de destinado a sede da Escola Municipal de Pintura e Gravado, así como dispoñer dun espazo para proxectos de integración a través da arte.

“Por fin o alumnado de Pintura e Gravado vai ter un local definitivo, céntrico e perfectamente habilitado, porque ao longo dos anos tiveron que ir rotando por diferentes espazos municipais”, explica o alcalde, Juan González, sobre estas dúas actividades do Concello ás que asisten preto de 80 persoas. Ao mesmo tempo, o lugar empregarase para poder desenvolver actividades artísticas destinadas a persoas con diversidade funcional.

O edificio, situado na linde entre Panxón e Nigrán, quedou durante décadas nun limbo urbanístico ata a modificación das normas subsidiarias no ano 2020. O obxectivo do goberno local foi eformar toda a planta baixa sen afectar á estrutura troncocónica do faro en si mesmo, que segue en activo cumprindo a súa función.

o-concello-de-nigran-termina-as-obras-de-rehabilitacion-do-faro-de-canido

“Levaba anos en situación de abandono e ofrecendo unha imaxe degradada nunha contorna especialmente turística”, explica o alcalde, Juan González. “Cando a súa situación desbloqueouse no ano 2020 encargamos o proxecto e realmente foi moi complexa a tramitación porque requiriu de moitas autorizacións sectoriais que se demoraron máis do previsto ao incluír o edificio un faro en activo”, engade.

O proxecto do arquitecto nigranés Severo Fernández contemplou a creaciónr no seu interior (162,75 m2 de superficie) un espazo amplo, perfectamente illado e iluminado, con dous baños adaptados, un almacén inmediato e un cuarto de instalacións. Co obxectivo de proporcionar o máximo benestar aos seus usuarios, a planta illada con material de alta eficiencia en todo o seu perímetro, fachadas, teito e chan. A maiores, melloráronse os acabados exteriores e substituíuse toda a carpintería, limpándose ademais as fachadas de pedra, polo que o edificio deixou de presentar as pintadas e grafitis que o afeaban. Con estas obras que inclúen nova iluminación e instalación eléctrica ou climatización mediante aerotermia, a redución do consumo enerxético será dun 75%.
- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.