O fillo do escritor falecido en marzo, Manuel Cebrián, director da escola, achegou o instrumento co obxectivo de que sexa o que se empregue nas clases en lugar do teclado eléctrico
O legado cultural de Alfonso Álvarez Cáccamo pervive universalmente nos libros, pero no Concello de Nigrán trascenderá tamén na música grazas aos seus fillos. O seu piano de parede ‘Estela&Bernareggi’, fabricado no século XIX en Barcelona, está xa na Escola Municipal do Cean agardando a ser afinado para formar ao alumnado matriculado neste instrumento. O Concello de Nigrán agradece públicamente esta doazón aos seus fillos, especialmente Manuel Cebrián, o director da escola e de quen partíu a iniciativa tras ter falecido o seu pai o pasado mes de marzo. Esta achega permitirá que nas vindeiras semanas as persoas matriculadas deixen de practicar no teclado eléctrico para facelo neste piano acústico, “mellorando moito as sensacións e a calidade”, considera Manuel, quen precisamente, aprendeu a tocar nel.
“Estamos moi agradecidos pola repercursión positiva que terá para os propios estudantes nesta escola municipal e porque, ademais, este instrumento reforzará o vínculo emocional entre Nigrán e Alfonso Álvarez Cáccamo, escritor e intelectual que foi durante décadas profesor no CPI de Panxón e que elixiu esta localidade para vivir. Seguro que lle faría moi feliz saber que o seu ‘Estela&Bernareggi’ segue a soar e, máis aínda, que está a formar a futuros músicos”, considera o alcalde, Juan González.
“O meu pai mercou este piano de segunda man a finais dos anos 80, o restaurou, e foi no que tocou durante toda a súa vida”, explica Manuel, quen incide en que se atopa en perfecto estado, só pendente dunha afinación profesional que contratará o Concello.
Bernareggi foi unha das fábricas de pianos máis antiga de Barcelona. En función de quen foi o seu dono, ao longo do tempo, a empresa cambiou de nome. Orixinariamente a empresa foi fundada cara a 1830 pola familia Bernareggi, aínda que non chegou a Barcelona ata 1847. A partir de 1890 Pedro Estela, novo socio propietario da casa, empezou a dirixir esta fábrica cambiándolle o nome por Bernareggi, Estela e Cía.; posteriormente Estela e Bernareggi. A partir de 1900, e polo menos ata a década seguinte, a Casa cambiou de novo o seu nome: «Pianos Estela (Antiga casa Bernareggi)» ou «Viúda de P.Estela». Polo que con toda esta información pódese saber que o piano doado polos fillos de Cáccamo ao Concello de Nigrán é dos século XIX. Este piano acústico súmase ao de cola que o Concello adquiríu no ano 2020 e que se atopa no Audtorio Municipal, onde se emprega para concertos




