spot_img
InicioVal MiñorNigránO Concello de Nigrán promove en Fitur o legado de Antonio Palacios...

O Concello de Nigrán promove en Fitur o legado de Antonio Palacios no municipio

o-concello-de-nigran-promove-en-fitur-o-legado-de-antonio-palacios-no-municipioNigrán inicia na Feira Internacional de Turismo os actos polo 150 aniversario do seu nacemento, fito que se cumple este mes de Xaneiro

Revista Cousas De Nº20

O Concello de Nigrán brilla desde onte especialmente en Fitur coa estrea dunha guía  sobre o legado de Antonio Palacios no municipio, reivindicando así a súa obra  coincidindo co 150 aniversario do nacemento deste célebre arquitecto porriñés, fito que se cumple este mes. O folleto está deseñado para poder levar cómodamente no peto mentras se fai o roteiro polo Templo Votivo, o chalé de Sileno en Praia América e a igrexa de Santiago de Parada, neste caso para poder contrastala cos debuxos que realizou animado seguramente polo seu interese polo románico. Estas son as súas tres pegadas en Nigrán.

O alcalde de Nigrán, Juan González, recibíu onte no Palacio Cibeles e de mans do ministro Jordi Hereu o distintivo ‘Q Calidad Turística’

“Temos a sorte de contar en Nigrán cunha das obras máis fermosas da arquitectura do século XX en Galicia e é o momento de reivindicala tamén como reclamo turístico porque é moi coñecida a obra de Palacios en Madrid, pero non tanto a de fora da capital”, destaca o rexedor, Juan González, sobre o artífice de edificios emblemáticos da cidade como o Palacio de Telecomunicacións, o Círculo de Bellas Artes ou algunhas das estacións de metro.

A maiores, encadrado nesta Feria de Turismo Internacional de Madrid, o alcalde recolleu onte nun acto oficial na Galería de Cristal do Palacios de Cibeles (obra precisamente de Palacios) o distintivo ‘Q de Calidade Turística’ de mans do ministro Jordi Hereu e na que se recoñece o bo facer de Nigrán neste sentido. Trátase dunha acreditación outorgada polo Instituto para la Calidad Turística Española, que é unha das máis prestixiosas dentro do panorama nacional.

- Publicidade -spot_img