spot_img
InicioVal MiñorNigránO Concello de Nigrán inicia o reparto de xoguetes recadados e crea...

O Concello de Nigrán inicia o reparto de xoguetes recadados e crea un banco municipal para que esté operativo todo o ano

O Concello de Nigrán inicia o reparto de xoguetes recadados e crea un banco municipal para que esté operativo todo o anoDistribuiranse entre 125 menores de Nigrán de 0 a 16 anos e o restante pasará a formar parte do primeiro Banco Municipal de Xoguetes para que as familias poidan recurrir a el nos aniversarios

O Concello de Nigrán iniciou esta mañá no Pavillón Municipal de Panxón o reparto dos xoguetes recadados na campaña solidaria  ‘Agasallos de Corazón’ que aínda remata este venres 18 de decembro e que xa é a maior na Historia do municipio. Os miles de xoguetes doados  pola veciñanza servirán para agasallar os Reis e Papá Noel de 125 menores do municipio de 0 a 16 anos procedentes de familias en situación de vulnerabilidade e, o restante, pasará a formar parte do primeiro Banco Municipal de Xoguetes para que esté operativo todo o ano.

“É tal a cantidade de xoguetes que recibimos que, ademais de entregar os lotes de agasallos máis completos ata a data, crearemos desde xa mesmo con eles un Banco Municipal de Xoguetes para que as familias dependentes dos Servicios Sociais poidan recurrir a el nos aniversarios dos seus fillos. Consideremos que esta iniciativa ten que ir máis alá do Nadal”, explica o alcalde, Juan González, quen subliña a implicación dos seu equipo que, durante meses, estivo seleccionando só os que estivesen en perfecto estado e empaquetándoos.

A campaña solidaria remata o venres 18 sendo xa a maior na historia do Concello, con miles de xoguetes recadados

O obxectivo do Concello de Nigrán é que o Nadal non signifique para as familias en risco de exclusión social do municipio un agravamento da súa condición, polo que o goberno local leva adiante máis iniciativas solidarias, como unha recollida de alimentos non perecedoiros nos colexios ou a promoción do Roupeiro Municipal (ben para realizar doazóns ou ben para recoller prendas de cara a realizar agasallos, xa que dispón desde infantil a adulto en todas as tallas, incluído zapatos, e mesmo roupa de cama).

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.