spot_img
InicioVal MiñorNigránO Concello de Nigrán informa da reunión informativa para o próximo curso...

O Concello de Nigrán informa da reunión informativa para o próximo curso da escola de música da Agrupación Musical Santiago de Parada

o-concello-de-nigran-informa-da-reunion-informativa-para-o-proximo-curso-da-escola-de-musica-da-agrupacion-musical-santiago-de-paradaOferta para o vindeiro curso clases de música para nenos e nenas a partir dos 4 anos e sen límite de idade, contando tamén cun grupo de música para adultos

Revista Cousas De Nº22

O Concello de Nigrán informa da Reunión informativa para o próximo curso da escola de música da Agrupación Musical Santiago de Parada, que segue coa matrícula aberta e será o próximo xoves 12 ás 20:00h no Centro Cultural de Parada.

A oferta desta escola de música está dirixida as nenas e nenos a partir de 4 anos e sen límite de idade, ofertando clases de Música e Movemento, Linguaxe Musical, Grupo de Adultos e clases de instrumento (vento-metal con trompeta, trompa, trombón, tuba e bombardino; vento-madeira con clarinete, saxo e frauta traveseira; e percusión sinfónica).

Para máis información o contacto é amsantiagodeparada@gmail.com 722651027.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

A escola de música Santiago de Parada este curso seguirá visitando os colexios e campamentos do Concello de Nigrán, achegándolle a música a todos. Ademais, dende o Concello ofrecéuselle aos Centros escolares a posibilidade de ter clases de instrumento durante un período do curso para todo o alumnado que tivera interese de maneira gratuíta.

- Publicidade -spot_img