spot_img
InicioVal MiñorNigránO Concello de Nigrán e o Centro Juan María únense para festexar...

O Concello de Nigrán e o Centro Juan María únense para festexar mañá o Día Internacional das persoas con discapacidade

concello-de-nigran-e-o-centro-juan-maria-unense-para-festexar-mana-o-dia-internacional-das-persoas-con-discapacidade

Co lema  “Baixo o mesmo sol” e a cor verde como nova imaxe  de  plena inclusión, repartiránse 2.500 globos por todo o municipio, iluminarase o Concello e a ponte de A Ramallosa e lerase un  manifesto

 O Concello de Nigrán e o Centro de Educación Especial Juan María de Parada celebran mañá conxuntamente o Día Internacional das Persoas con Discapacidade co obxectivo de chamar a atención da veciñanza e mobilizar apoios para aspectos clave relativos á inclusión. Así, co lema “Baixo o mesmo sol” e a cor verde como nova imaxe da plena inclusión, os usuarios do centro repartirán entre a poboación de Nigrán 2.500 globos facilitados polo Concello. Ademáis, ás 18.30 horas lerase o manifesto na Praza do Concello e a esa mesma hora iluminarase de verde a casa consistorial e a ponte románica de A Ramallosa.

“Dende o goberno traballamos coa máxima de ‘Un Nigrán para todos’, por iso este é un día especial para concienciar e sensibilizar á veciñanza sobre a igualdade de oportunidades”, sinala o rexedor, Juan González. Precisamente, Concello e Juan María comparten nesta liña un proxecto común para traballar na mellora da accesibilidade física e sensorial en diferentes espazos do municipio e con Unicef para lograr o primer recoñecemento en Galicia de “Cidade Amiga da Infancia”.

Os usuarios do Centro de Educación Especial repartirán durante todo o día os 2.500 globos, acudindo especialmente aos diferentes centros educativos e comercios locais. O obxectivo é que en cada xanela de Nigrán flote un globo verde e que se lle faga unha foto que se pode enviar ao teléfono 630774972 ou ao perfil de Facebook do Centro Juan María. Ademáis, nos colexios animarase aos nenos a que graben un vídeo cantando a favor da plena inclusión.

O Día Internacional das Persoas con Discapacidade se observa en todo o mundo cada 3 de decembro de acordo coa resolución da Asamblea Xeral da Unesco do 14 de outubro de 1992. O obxectivo desta organización é contribuir á paz, a seguridade no mundo mediante a educación, a ciencia, a cultura e as comunicacións.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.