spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Concello de Baiona solicitou a declaración como Ben de Interese Cultural...

O Concello de Baiona solicitou a declaración como Ben de Interese Cultural o lugar no que foi reparada a Carabela Pinta

O Concello de Baiona, solicitou á Consellería de Cultura a declaración como Ben de Interese Cultural, no apartado -cerco histórico-,o lugar no que foi reparada a Carabela Pinta

Reunión Santiago Onte o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, mantivo unha reunión de traballo co alcalde de Baiona, Angel Rodal Almuíña, e con varios membros do goberno municipal: a primeira e a segunda Tenente de Alcalde, María Iglesias e Ana Simóns, respectivamente e a Concelleira de Educación, Beatriz González Pérez.

No encontro, no que tamén participaron o secretario xeral de Cultura e a directora xeral do Patrimonio cultural, abordáronse diversos asuntos en materia de educación e cultura, de interese para ambas as partes.

O Concello de Baiona, solicitou á consellería a declaración como Ben de Interese Cultural, como sitio histórico, o lugar no que foi reparada a Carabela Pinta. Trátase do inmoble situado na Avenida Elduayen, nº4/Rúa Nigrán, nª8 , unha típica -concello-de-baiona-solicitou-a-declaracion-como-ben-de-interese-cultural-o-lugar-no-que-foi-reparada-a-carabela-pintaedificación urbana das vilas mariñeiras galegas da segunda metade do século XIX e principios do XX. Este lugar presenta un importante valor simbólico: É o lugar onde a tradición di que se parou a carabela tras o descubrimento. É o lugar escollido, en 1928, polas autoridades e a poboación, para recoñecer, por vez primeira e de forma oficial, o feito de que Baiona foi o primeiro porto no que se coñeceu, a noticia do descubrimento de América. Ademais, a construción ten unha placa broncínea realizada e doada por un emigrante a Arxentina (cuxa matriz se conserva no centro do Val Miñor BBAA) na que se recolle a memoria do suceso. A placa está asinada e data e nela figura tamén a broncería de BBAA que a realizou; este elemento é o punto de arranque da identificación que se produce a partir do século XX, da poboación co suceso, e que se plasma en toda unha serie de elementos rememorativos do acontecemento que están na poboación.

O suceso na actualidade, un dos maiores trazos de identidade e autenticidade da poboación que conta cun tipo de recoñecemento desde o punto de vista turístico pero non a nivel patrimonial.

-concello-de-baiona-solicitou-a-declaracion-como-ben-de-interese-cultural-o-lugar-no-que-foi-reparada-a-carabela-pintaO Concello de Baiona segue sumando esforzos para conseguir que os pobos colombinos de España sexan recoñecidos como patrimonio da humaniad. Por este motivo desde o Concello de Baiona faise especial fincapé neste recoñecemento que permitirá a Baiona, seguir en conexión e relación, con aqueles pobos penínsulares, como son Santa Fé de la Vega de Granada ou Palos de la Frontera, cos que mantén relación desde hai anos, para este posible recoñecemento patrimonial internacional, tanto para o seu patrimonio como para a súa proxección exterior, contribuíndo á sustentabilidade e ao desenvolvemento da rexión e consolidando o seu papel como referente turístico.

Tamén se abordou a potenciación do Camiño Portugués pola Costa ou a rehabilitación da Muralla da Medialúa do Condestable na Fortaleza de Monterreal, entre outros.

- Publicidade -spot_img