spot_img
InicioVal MiñorNigránO Concello de Nigrán e as crianzas do CEIP Carlos Casares inician...

O Concello de Nigrán e as crianzas do CEIP Carlos Casares inician a plantación de árbores para o Bosque-Escola de Vilariño

o-concello-de-nigran-e-as-crianzas-do-ceip-carlos-casares-inician-a-plantacion-de-arbores-para-o-bosque-escola-de-vilarinoO Concello de Nigrán iniciou hoxe a plantación do arbolado que conformará o bosque-escola do CEIP Carlos Casares (Vilariño) coa axuda do propio alumnado do centro. Así, a Brigada Forestal Municipal, acompañada de técnicos de Medio Rural, guiou á rapazada na plantación na cota superior dunha vintena de froiteiras (nogueiras, maceiras, cerdeiras, pexegueiros e carballos) e 50 plantas aromáticas (lavanda, tomillo, melisa, ruda, romero…).

Revista Cousas de Nº24

Nunha segunda fase, na zona máis próxima ás propias instalacións educativas, plantaranse frondosas. “O obxectivo desta xornada foi implicar as propias crianzas con esta renaturalización de 5.000 m2 antes sen uso e que transformarán o patio do centro educativo nun auténtico bosque”, resume o alcalde, Juan González, quen estivo acompañado da edil de Educación, Estela Pérez.

Este proxecto de paisaxismo foi deseñado por Fermín Blanco a través do programa ‘Mestre de obra’ e adxudicados polo Concello a ‘Construcciones Enrique C.Casas S.L.’ por importe de 117.932 € estarán rematadas antes de fin de curso. As obras abranguen case 5.000 m2 das cotas superiores do recinto e buscan integrar no patio con absoluta apariencia natural unha parcela municipal de 2.000 m2 lindeira ao colexio e que no 2018 o Concello bautizou como ‘Souto Casares’ tras realizar unha plantación (ata agora estaba separada físicamente mediante muro e alambrada). Así, xa se erradicou a acacia que invadía por completo este zona, e con grandes movementos de terra elimináronse os muros de contención e as plataformas entre os diferentes niveis para poder configurar un bosque-frondoso e en pendente. As especies irán diminuíndo a súa porte conforme se achegan ao edificio e ademáis, disporá de diferentes sendeiros naturais, un deles accesibles, e con paradas de descanso nas que se atopen diferentes xogos, como zona de equilibrios, horta, estanque e refuxio de madeira tipo aula-exterior. Unhas escaleiras permitirán os desprazamentos rápidos entre o bosque. Na parte máis baixa e xa próxima ao propio edificio crearase un gran xogo de bolos celta, deporte moi arraigado na comarca do Miñor, xunto a un emparrado natural para poder gozar de sombra. “Trátase de renaturalizar o espazo recuperando os taludes naturais”, sintetiza o arquitecto, quen a través do programa ‘Mestre de obra’ desenvolvido os pasados cursos neste colexio liderou a restauración dunha apisonadora municipal como elemento de xogo do patio, a creación dun hotel de insectos ou un xogo efímero para a primeira infancia con boias da praia.

O Concello de Nigrán contou para este fin con Fermín Blanco por ser un arquitecto recoñecido en toda Galicia polos seus traballos en colexios, encamiñados todos a integrar a natureza e o xogo no propio centro educativo (neste sentido, é moi coñecido por ser o artífice do sistema pedagóxico Lupo). “O proxecto busca crear un bosque totalmente natural empregando unha zona invadida de acacias sen que, a súa vez, se note que hai un traballo de deseño previo detrás, o obxectivo é que dé a sensación de que estás nun lugar que sempre foi así”, explica Blanco.

Escolas-Bosque

O movemento ‘Escolas Bosque’ é moi recente en España pero ten décadas de historia en países nórdicos ou o Reino Unido e se basea nas teorías de grandes pedagogos e filósofos, desde Pestalozzi a Fröbel, pasando por Rudolf Steiner ou María Montessori. Moitos sitúan a súa orixe no concepto Friluftsliv dos países Escandinavos, isto tradúcese literalmente como liberdade-aire-vida e fai referencia a unha filosofía de vida baseada na conexión profunda coa natureza e a vida ao aire libre. Trátase dun modelo de educación ao aire libre no que os estudantes visitan espazos naturais para aprender habilidades persoais, sociais e técnicas. “Sería un gran salto de calidade para o sistema educativo de toda a comarca poder mesturar neste colexio de Vilariño a ensinanza convencional cos métodos alternativos do Bosque-Escola, por iso desde o Concello abandeiramos este proxecto, por algo UNICEF nos recoñeceu como Cidade Amiga da Infancia”, resume González.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.