spot_img
InicioVal MiñorNigránO Concello de Nigrán e as comunidades de Montes de Chandebrito e...

O Concello de Nigrán e as comunidades de Montes de Chandebrito e de Camos conmemoran o ‘VII Aniversario dos Incendios’

o-concello-de-nigran-e-as-comunidades-de-montes-de-chandebrito-e-de-camos-conmemoran-o-vii-aniversario-dos-incendiosA xornada desenvolverase durante toda a mañá e incluirá a plantación de árbores nas principais entradas ao parque forestal en Camos e Chandebrito, un obradoiro e entrega de recoñecementos

Revista Cousas de Nº23

Concello de Nigrán, Comunidade de Montes de Chandebrito e de Camos conmemoran este domingo 13 de outubro en sendas parroquias o ‘VII Aniversario dos Incendios’ con diferentes actos abertos á participación da veciñanza durante toda a mañá que rematarán con choripáns e viño nas Rozadas. A xornada comezará ás 11:30 horas ao carón do cemiterio de Camos para desprazarse desde alí á principal entrada do parque forestal nesta parroquia, aquí plantaranse 15 árbores autóctonas e, desde ese punto, realizarase unha andaina ata a outra entrada en Chandebrito (Rozadas) para plantar outros 15 (madroño, pradairo, sobreira, carballo, bidueira e arces).

Nesta mesma área, a partir das 13:00 horas, Árbore Arqueoloxía realizará un obradoiro para as crianzas de fabricación de xabalinas e colgantes e, a partir das 13:30 horas, serviranse chouripáns e viño para os asistentes. Durante a mañá farase un recoñecemento especial ás comunidades de montes de Camos e Chandebrito, xa que cederon as 42 hectáreas para realizar o parque forestal, aos centros educativos colaboradores, aos axentes medioambientais de Medio Rural (distrito XVIII) que sempre participan nas diferentes accións nesta contorna e a Jesús Pereira Valverde, veciño de Camos que axuda sempre altruistamente no mantemento e benestar.

Lumes de 2017

As parroquias de Chandebrito e Camos viviron o 15 de outubro de 2017 un dos momentos máis tráxicos da súa historia ao sufrir uns gravísimos incendios que se levaron a vida de dúas mulleres nunha evacuación fallida, Angelina Otero e Maximina Iglesias, e máis de 600 hectáreas de monte arrasadas.

“As vida humanas son irreparables e a dor non desaparece, vaia iso sempre por diante, pero compre sinalar que despois dos incendios xurdíu unha  nova mentalidade ecoloxista na zona e a esperanza e a ilusión de xestionar o monte doutro xeito; Chandebrito e Camos son o mellor exemplo e por iso é posible este parque forestal, un soño para toda a comarca”, considera Juan González, alcalde de Nigrán.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.