Inicio Val Miñor Nigrán O Concello de Nigrán celebra cun vídeo o Día Nacional da Lingua...

O Concello de Nigrán celebra cun vídeo o Día Nacional da Lingua de Signos

OMIX-Gondomar-pon-en-marcha-curso-lingua-signosArtistas como Serafín Zubiri ou Gustavo Almeida, e os directores dos festivais musicais de Nigrán participan signando ‘Eu apoio a lingua de signos’

O Concello de Nigrán únese este domingo 14 de xuño á conmemoración do Día Nacional das Linguas de Signos cun vídeo no que goberno local, directores dos festivais musicais de Nigrán e os artistas Serafín Zubiri, Gustavo Almeida e o DJ Viktor Flores como padriños amosan o seu apoio á mesma precisamente interpretando a frase: “Eu apoio a lingua de signos”. Paralelamente, a Casa Consistorial iluminarase de azul turquesa durante a noite por ser a cor que identifica á comunidade xorda. A iniciativa conta coa colaboración do servizo de interpretación e formación Entresignos, radicado no municipio.

O Concello iluminarase de azul turquesa por ser a cor que identifica á comunidade xorda

O Concello de Nigrán foi pioneiro o ano pasado en España xunto con Madrid en adquirir 5 mochilas vibratorias para que as persoas xordas poidan “sentir” a música nos concertos (e mesmo as cedeu a decenas de concellos para promover en Galicia a súa adquisición pública) e desde a crise do Covid-19, grazas ao grupo de voluntarios #YoMePongoACoser, o Concello está a fornecer ás persoas xordas e aos seus contactos de máscaras especiais coa zona dos beizos en plástico transparente para que toda esta comunidade poida comunicarse e non se sinta máis illada, ademais, instalou no 2018 paneis nos parques infantís públicos co abecedario en lingua de signos. Todo este tipo de iniciativas son propostas a través dun equipo interdisciplinar integrado no proxecto municipal ‘Un Nigrán para todos’ adicado á plena inclusión.

O obxectivo desta xornada nacional é difundir entre a veciñanza a lingua das persoas xordas, a súa utilidade e o seu valor, poñendo en coñecemento de todos os cidadáns que son un idioma para a vida e para a convivencia. Esta data adoptouse no 2014 en Consello de Ministros, e desde entón celébrase cada 14 de xuño porque ese mesmo día de 1936 foi constituída a Confederación Estatal de Persoas Xordas ( CNSE), entidade que xunto a a súa rede asociativa fixo posible que estas linguas sexan valoradas na sociedade como linguas de cultura, linguas de comunicación, tan válidas como calquera outra para transmitir ideas, acceder ao coñecemento, avanzar cara á igualdade, e construír cidadanía.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies