spot_img
InicioVal MiñorNigránO Concello de Nigrán achegará a cultura milenaria de México á Escola...

O Concello de Nigrán achegará a cultura milenaria de México á Escola Municipal de Cerámica

O Concello de Nigrán achegará a cultura milenaria de México á Escola Municipal de CerámicaMestres artesanos de Chiapas, Ciudad de México e Jalisco impartirán obradoiros de cerámica , cartonaxe, xoguetería ou alebrijes segundo a súa especialidade. A matrícula xa está aberta a calquera interesado. Trátase do cuarto encontro internacional da Escola Municipal de Cerámica de Nigrán, unha das máis antigas de Galicia con 40 anos de vida, adicándose as anteriores edicións a Xapón, India e países periféricos

Revista COUSAS DE Nº17

O Concello de Nigrán ofrece este verán a posibilidade de “modelar” in-situ a cultura ancestral mexicana de mans dos seus principais mestres oleiros e das artes plásticas tradicionais. Isto será posible grazas ao ‘IV Encontro Internacional’ que a Escola Municipal de Cerámica de Nigrán impulsa do 17 ao 22 de Xullo no CEE de Panxón. O prazo de matrícula xa está aberto para calquera persoa interesada a través da web https://culturamilenariamexico.wordpress.com/ Anteriormente, e nos seus casi 40 anos de vida (é unha das escolas máis antigas de Galicia) estes encontros adicáronse a Xapón, India e os países periféricos de España.

O Concello de Nigrán achegará a cultura milenaria de México á Escola Municipal de Cerámica

Deste xeito, xaguares xigantes de barro, bruñidos cerámicos impresionantes, ou métodos de coccións a ceo aberto serán os protagonistas dos obradoiros de barro; a estes se lle sumarán outros dous de artes plásticas propias de México como son os xoguetes tradicionais ou os alebrijes de papel. Son en total 4 obradoiros nos que hai que inscribirse previamente e que impartirá cadanseu mestre mexican invitado para a ocasión.

“Temos unha xoia a nivel peninsular, tanto pola súa antigüidade como polas experiencias que ofrece. Esta será unha oportunidade única para compartir coñecementos e para difundir internacionalmente a nosa escola, da que todos debemos estar moi orgullosos”, considera o alcalde, Juan González.

“México mantén practicamente intacta unha cultura milenaria de gran riqueza que nos achega ao máis ancestral e primario do mundo da cerámica, por iso consideramos moi enriquecedor traer aos mellores mestres deste país, que nos amosarán aspectos tan descoñecidos aquí como as coccións prehispánicas, sumando, coma sempre, obradoiros de artes plásticas orixinais deste país, como o de álebrijes’ ou de xoguetes ”, explica Emilia Guimeráns, directora da Escola Municipal de Cerámica de Nigrán e quen contactou cos catro artistas invitados a través da Escuela Nacional de Cerámica de Guadalajara (México).

Neste encontro colabora tamén o Instituto de Estudos Miñoranos, os deseñadores ‘Liquen y Pelucas´ e Susana Rodríguez.

OBRADOIROS

Juana Gómez, Amatenango: “A arxila como expresión escultórica para os mayas”

Pobo de orixe maya dos Altos de Chiapas, Amatenango del Valle é coñecido como a capital chiapaneca da olería debido a que máis da metade da súa poboación dedícase a esta actividade reservada ás mulleres quen van aprendendo a traballar o barro desde os 10 anos. Juana Gómez, recoñecida pola calidade das súas esculturas e do seu trazo pictórico, ensinará técnicas propias de Amatenango (coccións prehispánicas, procesos decorativos…) desenvolvendo o obradoiro sobre a iconografía do xaguar, animal sagrado na súa cultura.

Tomás Esparza, Jalisco: El trazo Ancestral

Profundizarase no mestizo e o prehispánico, onde o trazo ancestral fúndese co imaxinario persoal, tendo o bruñido como ingrediente esencial.

Alejandro Camacho, Ciudad de México: Alebrijes zoomorfismo fantástico

Obradoiro de cartonería tradicional. A realización destes inusuais seres, forma parte da identidade colectiva mexicana desde 1936. Descubriranse os segredos da fabricación destas delirantes criaturas.

Miriam Salgado, Xochimilco: El juguete del pasado al presente

Obradoiro de xoguetería. Partindo de materiais como madeiras, teas, cartón ou obxectos reciclados. ‘La Lula juguetes’, impartirá o taller dirixido a crianzas a partir de 8 anos e adultos, onde mostrará como estes obxectos e materiais cobran vida dentro dun mundo de imaxinación e fantasía

- Publicidade -spot_img