spot_img
InicioO MorrazoMoañaO Concello de Moaña e a asociación A Illa dos Ratos ofrecerán...

O Concello de Moaña e a asociación A Illa dos Ratos ofrecerán este verán unha nova edición de rutas guiadas gratuítas

O Concello de Moaña e a asociación A Illa dos Ratos ofrecerán este verán unha nova edición de rutas guiadas gratuítasA Asociación A Illa dos Ratos levará a cabo este verán unha nova edición de rutas guiadas gratuítas en colaboración co Concello de Moaña e baixo a denominación “Descobre Moaña”

Son un conxunto de 9 rutas que comezarán o vindeiro sábado 7 de xuño e terminarán o sábado 22 de agosto. Destacando nesta ocasión o roteiro polo carreiro dá Fraga, un roteiro para descubrir fervenzas e muíños.

O Concello presentou unha nova tempada das rutas guiadas “Descubre Moaña”, un programa de roteiros de balde dirixidos por membros de A Illa dos Ratos e que permitirán coñecer algúns dos lugares máis destacados deste municipio do Morrazo. Nuns tempos no que se fomenta o turismo de proximidade, esta proposta de ocio é un dos plans máis destacados para os meses de xuño, xullo ou agosto. Ademais, “Descubre Moaña” chega con dúas grandes novidades: a ruta literaria “O último barco”, a exitosa obra de Domingo Villar, e o sendeiro de Rialdarca, un emprazamento para gozar da natureza que temos nas Rías Baixas.

Todas as rutas comezarán ás 10:30 horas para que dea tempo á xente a facer as preguntas que consideren oportunas aos guías. A única actividade que comeza máis tarde será a da Intermareal de Tirán, que iniciará o percorrido ás 12:30 horas

O programa de rutas guiadas comeza o vindeiro domingo 7 de xuño cun percorrido polas “Canteiras do Litoral de Moaña” e prolongarase ata o 22 de agosto coa Intermareal de Tirán. O número máximo de asistentes de cada unha destas actividades dependerá da fase do plan de desescalada na que se atope a provincia de Pontevedra.

“Descubre Moaña” son rutas de balde, pero é preciso inscrición previa. As interesadas e interesados deben apuntarse dende este domingo 31 de maio a través do correo electrónico info@ailladosratos.org ou escribindo por WhatsApp ao 611 080 853.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.