spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Concello de Baiona nomea a Iria Ludeña Madriña dos Deportes...

O Concello de Baiona nomea a Iria Ludeña Madriña dos Deportes Naúticos 2023

O Concello de Baiona nomea a Iria Ludeña Madriña dos Deportes Naúticos 2023O salón de plenos do Concello de Baiona acolleu un acto de recoñecemento á traxectoria da deportista baionesa Iria Ludeña. Durante este acto, a padeeira foi sorprendida coa noticia de que o Concello de Baiona converteuna na Madriña dos Deportes Naúticos 2023

Revista COUSAS DE Nº17

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, o Concelleiro de Actividades Marítimas, Joaquín López Goce e a Concelleira de Deportes, Ana María Iglesias Rodríguez, fixeron entrega dun agasallo institucional e un ramo de flores. O agasallo institucional trátase dunha Carabela Pinta de metal negro cunha inscrición na que figura o seu nomeamento como: “Madriña dos Deportes Naúticos  2023 do Concello de Baiona”.

“Desde o Concello de Baiona en xeral e desde a concellería de actividades marítimas  en particular , fixémosche vir non só para recoñecer a túa traxectoria e os éxitos conseguidos ata hoxe, senón que queremos destacar e salientar o esforzo, o traballo, a dedicación e o compromiso que se adquire a través do deporte. Por iso, como exemplo de deportista desde temperá idade, é un orgullo para todos  nomearche madriña dos eventos náuticos do 2023 no Concello de Baiona”, foron as palabras elixidas para desvelar a sorpresa.

O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, destacou a carreira deportiva da baionesa “É un orgullo para Baiona ter unha veciña que demostrou con fartura que os límites non existen e que os obstáculos se poden superar con tesón, ilusión e deportividade. Es un exemplo para seguir polo resto de baionesas e baionesas e tamén un exemplo que demostra que o deporte se pode compatibilizar cos bos estudos. Grazas por levar o nome de Baiona alá por onde vas”

A deportista baionesa estivo arroupada no acto  pola súa familia e por unha representación do Monte Real Club de Iates, “os padriños dos deportes naúticos de Baiona”. Daniel Benavides Alonso, Xefe Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra tamén participou no acto.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.