spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Concello de Baiona entrega o Lazo de Honra a título póstumo...

O Concello de Baiona entrega o Lazo de Honra a título póstumo a Pepe Costas

o-concello-de-baiona-entrega-o-lazo-de-honra-a-titulo-postumo-a-pepe-costasCoincidindo coa celebración das festas patronais da Virxe da Anunciada, o Concello de Baiona entregou o Lazo de Honra a título póstumo ao baionés José Joaquín Costas Miniño, máis coñecido como Pepe Costas. Acto que tivolugar no Salón de Plenos. Considerado por moitos como a voz incombustible de Baiona en todos os eventos públicos organizados polo Concello e concretamente na Festa da Anunciada. 

Revista Cousas De Nº22

Pepe Costas estaba presente en cantidade de eventos celebrados en Baiona, participando activamente como “speaker”. Atrevíase con todo, desde actividades deportivas de calquera índole, actos sociais ou festas populares. Era a “voz” habitual da Cabalgata de Reyes, do Entroido, das Cucañas Marítimas, das Romarías Tradicionais, da Regata de Gamelas ou da Carreira Popular “Andar e Correr”, ademais de presentar multitude de concertos e actuacións musicais dentro da programación cultural do Concello de Baiona. Durante o verán, ofrecía tamén visitas guiadas, moitas delas teatralizadas, polos recunchos da vila a grupos de turistas.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

Por este especial vínculo con Baiona, polos méritos singulares acreditados e a consideración da que gozaba Pepe Costas no tecido asociativo e sociocultural da vila, pero sobre todo como a voz anfitrioa dos actos públicos culturais, sociais e deportivos organizados polo Concello, é polo que a Comisión de Honras e Distincións do Concello de Baiona propuxo a concesión da distinción honorífica de “Lazo de Honra” a título póstumo a José Joaquín Costas Miniño.

 

 

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.