spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Concello de Baiona entrega a José Antonio Infante García unha versión...

O Concello de Baiona entrega a José Antonio Infante García unha versión dixital do diario cedido á Casa da Navegación

O Concello de Baiona entrega a José Antonio Infante García unha versión dixital do diario cedido á Casa da NavegaciónEsta mañá, na Casa da Navegación, a Concelleira de Cultura do Concello de Baiona Miriam Costas Iriarte fixo entrega dunha copia dixital do diario de Ramón Barreiro, cedido en depósito á Casa por José Antonio Infante García, sobriño neto do autor do diario.

Revista COUSAS DE Nº17

Ramón Luís Barreiro, piloto naval formado en Ferrol, natural de Foz (Lugo), foi un dos protagonistas da viaxe de circunnavegación realizado en 1849 pola Corveta Ferrolá con obxectivo de servir de instrución naval pero especialmente, con función diplomática nun momento en que empezan a independizarse algunhas terras de ultramar.

Durante esta viaxe de 3 anos, Ramón Barreiro escribe o seu particular diario e ilústrao con debuxos da súa propia nave, pero tamén doutros tipos de barcos que se van atopando polos mares do mundo. Hoxe é unha peza única para coñecer desde dentro, os avatares e principais feitos dunha viaxe histórica no que se combinan informacións diversas como a navegación e o rico vocabulario, xeografía, historia, economía e sociedade.

A Casa da Navegación proxecta unha exposición para divulgar esta peza única coa experiencia do periplo de Ramón Luís Barreiro e os principais feitos relacionados.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.