spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Concello da Real Vila, pon en valor o 'balcón de Baiona'

O Concello da Real Vila, pon en valor o ‘balcón de Baiona’

-concello-pon-en-valor-o-balcon-de-baiona

Situado a apenas 500 km do centro histórico da Vila e a 1Km da oficina de turismo, no barrio baionés da Anunciada álzase o balcón de Baiona.

Trátase dun miradoiro situado a uns 50 metros de altitude e a pesar da súa escasa altura ofrece unha vista impresionante panorámica de 180º da Real Vila e os seus arredores. Nas súas alturas pódese divisar o Monte Sansón, en cuxa cima se alza a Virxe da Roca, coas Illas Estelas e as Cíes ao fondo. A península de Monterreal obsérvase á marxe dereita da bonita estampa. Chegando tamén a divisarse Praia América, Panxón e Monteferro.

O Concello de Baiona está a acondicionar un dos tres accesos ao miradoiro, o situado na parte central. A Concellería de -concello-pon-en-valor-o-balcon-de-baionaVías e Obras está a construír unhas escaleiras en pedra que faciliten o acceso a tan singular lugar.

Desde o Concello quérese poñer en valor este peculiar enclave para que baioneses e visitantes poidan gozar deste gran descoñecido, que é o balcón na Anunciada, cuxas vistas son privilexiadas. Para iso vanse a poñer carteis indicativos que sinalicen onde se atopa o lugar. Así mesmo, a oficina de turismo da vila divulgará entre os visitantes as marabillosas panorámicas que se poden divisar desde este balcón natural, no que se pode acariñar o mar.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.