As augas do río Tea foron o escenario da 1ª Copa Galega de Promoción de Slálom, celebrada o pasado domingo na praia fluvial de O Cordeiro, en Salvaterra.
A competición, dirixida a novos padeeiros de entre 7 e 13 anos, marcou o inicio da liga Galega de Promoción e deixou grandes actuacións individuais e colectivas.
Na clasificación por clubs, o Club Deportivo Miño-Os Teixugos proclamouse vencedor con 219 puntos, seguido do Club de Montaña Quixós con 147 e o Club Piragüismo Penedo-Teimporta con 97. O Club Deportivo Municipal de Piragüismo Dumbría (59 puntos) e o Club Tea de Mondariz Balneario (57 puntos) completaron o Top 5.
Resultados individuais
Na categoría Home Infantil C1, Mario Ledo (Club Tea de Mondariz Balneario) levou a vitoria, seguido de Xoel Fernández (Montaña Quixós) e Omar Martínez (Piragüismo Penedo-Teimporta). En Home Alevín C1, o gañador foi Manuel Rodríguez (Montaña Quixós), con Antón Liñares (Montaña Quixós) en segunda posición.
En Muller Infantil C1, o Club Deportivo Miño-Os Teixugos copou o podio con Nerea Álvarez en primeira posición, seguida por Leila Álvarez. O terceiro posto foi para Clara Mancebo (Club Deportivo Municipal de Piragüismo Dumbría). En Muller Alevín C1, a vitoria foi para Carmen Llaria (Club Deportivo Municipal de Piragüismo Dumbría), con Vega Cives (Dumbría) en segundo lugar.
Na modalidade Home Infantil K1, repetiuse o podio do C1, con Mario Ledo (Club Tea de Mondariz Balneario) levándose o ouro, Xoel Fernández (Montaña Quixós) a prata e Omar Martínez (Piragüismo Penedo-Teimporta) o bronce. En Home Alevín K1, o primeiro posto foi para Roque Olveira (Club Deportivo Miño-O Teixugos), seguido de Manuel Rodríguez (Montaña Quixós) en segunda posición e Antón Liñares (Montaña Quixós) en cuarta. En Home Benjamín K1, o podio estivo liderado por Breixo Fernández (Montaña Quixós), con Simón Ropeiro (Piragüismo Penedo-Teimporta) en segundo lugar e Lucas Alves (Club Deportivo Municipal de Piragüismo Dumbría) en terceira posición.
Na categoría Muller Infantil K1, a vitoria foi para Leila Álvarez (Club Deportivo Miño-Os Teixugos), seguida pola súa compañeira de equipo Nerea Álvarez. O terceiro posto ocupouno Rita Olveira. En Muller Alevín K1, o Club Deportivo Municipal de Piragüismo Dumbría dominou a clasificación con Carmen Llaria en primeiro lugar, seguida de Vega Cives e Clara López. Por último, en Muller Benjamín K1, o ouro foi para Iria Álvarez (Club Deportivo Miño-O Teixugos), mentres que Yara Lado (Club Deportivo Municipal de Piragüismo Dumbría) e Xiana Rodríguez (Piragüismo Penedo-Teimporta) quedaron coa segunda e terceira posición, respectivamente.



