O Club de Tiro con Arco Serra de Gondomar conquistou os primeiros postos nas categorías composto infantil e composto feminino no XVIII Trofeo da Federación Galega de Tiro con Arco que se celebrou durante este fin de semana no pavillón Galán de Arteixo.
Gabriel Motto, con 565 puntos, fíxose co primeiro posto na categoría composto infantil disputada o sábado, quedando a tan só 5 puntos do mínimo esixido pola Federación para ir subvencionado ao Campionato de España. Pola súa banda, Rubén Rodríguez logrou ser o segundo clasificado cun total de 534 puntos.
O mesmo sábado disputouse a modalidade arco espido na que Marco Melón logrou o segundo lugar, a tan só 13 puntos doprimeiro clasificado.
Na xornada do domingo , dentro da categoría senior de arco composto, Sandra Motto converteuse na gañadora da modalidade feminina con 476 puntos. Os porteiros Daniel Reynaldo e Rubén Porto quedaron no cuarto lugar ao empatar con 556 puntos cada un.




