O Club Baloncesto Nigrán celebra dez anos de historia desde a súa refundación e faio nunha gala chea de emoción e reencontros.
O acto tivo lugar no Auditorio Municipal de Nigrán e quixo ser unha homenaxe e recoñecemento a todas as persoas, entidades e administracións que formaron parte da historia do club aos longo de todos estes anos.
Xogadores/as, adestradores/as, directiva e familias foron os grandes protagonistas do evento que contou ademais coa presenza de Daniel Benavides, Xefe provincial do servizo de deportes da Xunta, Juan González, alcalde de Nigrán e Julio Bernárdez, presidente da Federación Galega baloncesto. Durante a celebración proxectouse un vídeo conmemorativo destes dez anos que emocionou de forma especial a todos os asistentes na gala, ademais outros vídeos nos que, diferentes personalidades como Fernando Romay ,o actor Morris ou clubs de baloncesto de diferentes puntos de Galicia felicitaban ao club por esta data tan especial.
Ao longo da gala entregáronse diferentes obsequios de agradecemento e destacouse o labor do club como espazo de formación persoal e colectiva para centos de nenos e nenas do municipio facendo fincapé no traballo en valores que leva a cabo cos seus xogadores e xogadoras.



