spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaO Ciclo Mestre Mateo continúa este venres 10 na Guarda co pase...

O Ciclo Mestre Mateo continúa este venres 10 na Guarda co pase de “Unicorn Wars”

Cinco concellos da provincia de Pontevedra acollerán as proxeccións da II Edición do Ciclo Mestre MateoA proxección da película, dirixida por Alberto Vázquez e gañadora dos premios do audiovisual galego na categoría de filmes de animación, terá lugar no salón de actos do Centro Cultural ás 20:30 horas

Revista Cousas De Nº19

A segunda edición do Ciclo Mestre Mateo, promovido pola Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra para achegar as longametraxes de ficción e documentais gañadores e finalistas dos premios do audiovisual galego aos concellos da provincia, continúa este venres 10 de novembro na Guarda. Nesta ocasión, proxectarase “Unicorn wars”, gañadora na categoría de filmes de animación na gala dos Mestre Mateo, no salón de actos do Centro Cultural ás 20:30 horas.

Con guión e dirección de Alberto Vázquez e con Chelo Loureiro, Iván Miñambres e Nicolas Schmerkin na produción, esta película recibiu o pasado 2022 o Goya á mellor película de animación e tamén foi finalista neste ano nos galardóns do audiovisual galego nas categorías de mellor dirección; dirección de arte; guión; montaxe e son. A historia arranca co exército osiño adoutrinando a novos recrutas para conducilos á guerra que iniciaron contra os unicornios porque cren que ameaza a seguridade do seu pobo. Nese grupo inexperto están os protagonistas, os irmáns Azuliño e Gordi, que xunto aos seus compañeiros serán enviados a unha perigosa misión para salvar o Bosque Máxico.

Ademais da Guarda, os outros concellos nos que recala a segunda edición do Ciclo Mestre Mateo son os de Caldas, Baiona, O Grove e A Estrada. Estes municipios exhiben, ademais de “O corpo aberto”, “María Casares, a muller que viviu mil vidas” e “Unicorn Wars”, recoñecidos respectivamente como mellor longametraxe, documental e filme de animación na última edición dos Mestre Mateo, os documentais “Onde máis doe” (dirixido por Manane Rodríguez, 2022), “A foreign song” (César Souto) e “No somos nada” (Javier Corcuera), así como a película de animación “Valentina” (Chelo Loureiro) e as longametraxes “Live is life” (Dani de la Torre), e “Código Emperador” (Jorge Coira).

- Publicidade -spot_img




[adrotate group="1"]