spot_img
InicioCondado ParadantaO ciclo de Artes Vivas da Bienal de Pontevedra chega a Ponteareas...

O ciclo de Artes Vivas da Bienal de Pontevedra chega a Ponteareas coa actuación de Janet Novás

o-ciclo-de-artes-vivas-da-bienal-de-pontevedra-chega-a-ponteareas-coa-actuacion-de-janet-novasO ciclo de Artes Vivas da Bienal de Pontevedra chega a Ponteareas cunha das creadoras escénicas máis recoñecidas do panorama actual: Janet Novás, que presentará a súa nova proposta She Night este venres ás 20h nas Naves de Aceros del Tea.

A revista ‘Cousas de’ despídese cun número especial

Comisariado por Iñaki Martínez Antelo, o ciclo de artes vivas da Bienal de Pontevedra ten a súa base en Pontevedra pero expándese por diferentes puntos da provincia, activando espazos urbanos, patrimoniais e industriais que se transforman en escenarios efémeros abertos ao público. Esta itinerancia busca conectar a creación contemporánea co territorio e os seus habitantes, favorecendo novos encontros e experiencias culturais.

A peza She Night marca o inicio dun novo proceso de investigación da artista Janet Novás, onde regresa ao traballo en solitario para recoller os materiais das súas dúas últimas creacións, Proto#SN1806 e Where is Janet? pechando así unha triloxía clave na súa carreira.

Segundo explica a propia Novás:

“Para este proxecto teño o desexo de crear un espectáculo, unha película, un concerto, ser actriz, cantante e bailarina. Quero combinar todas as miñas inquietudes como artista e deixarme levar polo pracer de facer (…). She Night é unha ficción que me convida a voar para ser sen ter que explicarme. Unha criatura que nace da escuridade e fala daquilo que non se ve, pero está.”

Janet Novás (O Porriño, 1982) é bailarina e creadora. Formada en danza contemporánea entre Madrid, Bruxelas e Berlín, comezou en 2008 a desenvolver os seus propios proxectos, cunha linguaxe artística propia que destaca pola súa carga emocional e sinxeleza estética. As súas obras foron presentadas en prestixiosos festivais nacionais e internacionais, e ten colaborado con artistas como Mercedes Peón e as deseñadoras de moda Zap&Buj.

Recentemente, deu o salto ao cinema como protagonista de O corno, filme dirixido por Jaione Camborda, gañador da Cuncha de Ouro no Festival de San Sebastián. A súa interpretación valeulle o Premio Goya á Mellor Actriz Revelación 2024, consolidándoa tamén como referente na escena audiovisual.

A actuación de Janet Novás en Ponteareas representa unha oportunidade única para achegarse a unha das voces máis potentes da creación contemporánea galega.

@Fonte:Concellodeponteareas

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.