spot_img
InicioAlto MinhoO Certame de Pintura ao Aire Libre Antonio Fernández encherá de...

O Certame de Pintura ao Aire Libre Antonio Fernández encherá de cor as rúas de Tomiño e Cerveira

antonio-fernandez-o-pintor-de-tres-mundosO certame, que se celebrará o 18 de agosto, está organizado pola Eurocidade Cerveira-Tomiño coa colaboración da Fundação Bienal de Arte de Cerveira e da Comunidade de Montes de Goián

Revista Cousas De Nº22

As rúas de Tomiño e Cerveira volv erán encherse decabaletes, lenzos e cor co XII
Certame de Pintura ao Aire Libre Antonio Fernández. Organizado pola Eurocidade Cerveira-Tomiño coa colaboración da Fundação Bienal de Arte de Cerveira e da Comunidade de Montes de Goián, o vindeiro 18 de agosto celebrarase unha nova edición deste concurso que busca de novo achegar ás e aos amantes da pintura á contorna para que recollan en vivo e en directo as paisaxes ou o acontecer dos distintos puntos marcados nos percorridos a ambas beiras do Miño.

As persoas interesadas poden inscribirse xa de forma gratuíta ata o 16 de agosto a través da páxina web da Eurocidade Cerveira-Tomiño. A inscrición será por rigorosa orde de rexistro e unicamente en liña, non se permitirán inscricións presenciais o día do propio concurso. As persoas participantes deberán presentarse o día do certame entre as 09.30 e as 11.30 horas (08.30 e 10.30 horas de Portugal) na Aula Museo Antonio Fernández para que a organización sele e numere o soporte que se empregará para a elaboración do cadro.

As obras rematadas serán presentadas sen asinar e co título no reverso, xunto co cabalete, para a súa exposición na Praza Pintor Antonio Fernández ente as 17.00 e 18.00 horas, hora galega, para a súa cualificación por parte do xurado, que emitirá o seu fallo co nome dos gañadores ás 18.30 h, ás 17.30 h hora portuguesa.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

En total repartiranse máis de 2.650 euros en premios nas tres categorías participantes: infantil, ata 11 anos; xuvenil, de 12 a 17 anos; e persoas adultas. Os premios serán outorgados polo Concello de Tomiño, a Fundaçao Bienal de Arte de Cerveira e a Comunidade de Montes de Goián.

As bases completas poden consultarse na páxina web da Eurocidade
Cerveira-Tomiño.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.