spot_img
InicioO MorrazoBueuO Centro de Visitantes da Illa de Ons acolle a exposición 'Ons...

O Centro de Visitantes da Illa de Ons acolle a exposición ‘Ons Soa’

O Centro de Visitantes da Illa de Ons acolle a exposición 'Ons Soa'Na mostra, que se poderá visitar ata o 15 de setembro, articúlase a través de 18 fotografías un relato autoetnográfico sobre o patrimonio cultural deste espazo insular do Parque Nacional das Illas Atlánticas

 A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda inaugura hoxe no Centro de visitantes da illa de Ons a exposición Ons Soa, unha mostra comisariada por Paula Ballesteros.

Esta exposición está formada por 18 fotografías, e outros documentos audiovisuais, coas que representar historias de vida, dunha comunidade que modelou a propia illa e conviviu con esas pedras desde o respecto, dotando dunha enorme simboloxía aos espazos, con numerosos mitos e lendas asociados a elas.

A mostra, que se poderá visitar ata o 15 de setembro, coincidindo co fin do transporte regular de pasaxeiros á illa, foi este ano unhas das actividades paralelas da 16ª Mostra internacional de cinema etnográfico Museo do Pobo Galego.

O arquipélago de Ons pertence ao Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia desde 2002 —xunto cos de Cíes, Sálvora e Cortegada— e é o único que aínda está habitado.

- Publicidade -spot_img