spot_img
InicioBaixo MiñoO CEIP de Barrantes de Tomiño organiza unha carreira solidaria pola investigación...

O CEIP de Barrantes de Tomiño organiza unha carreira solidaria pola investigación da leucemia infantil

o-ceip-de-barrantes-de-tomino-organiza-unha-carreira-solidaria-pola-investigacion-da-leucemia-infantilO CEIP de Barrantes achega o seu lado máis solidario para recadar fondos para a investigación da leucemia infantil

Revista Cousas De Nº19

O centro educativo organiza o vindeiro xoves 21 de decembro unha carreira solidaria na que o alumnado correrán polas rúas de Tomiño para doar o seu esforzo a minutos de investigación que permitan afondar en tratamentos para a cura da leucemia infantil.

O equipo directivo e docente do centro anima a todas as nais, pais, veciños e veciñas a participar nesta iniciativa e achegar o seu gran de area. A carreira, que poderá facerse correndo ou andando, comezará ás 10.15 horas e transcorrerá polas rúas do centro de Tomiño.

Trátase dunha carreira solidaria e reivindicativa para demandar máis medios para a investigación da leucemia infantil, enfermidade que cada ano se lle diagnostica a 350 nenos e nenas en España. Todas as achegas son voluntarias e serán entregadas á Fundación ‘Uno entre cien mil’, unha entidade que dende 2010 loita contra a leucemia infantil.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.