spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorO Castelo de Soutomaior ofrece visitas teatralizadas co obxectivo de por en...

O Castelo de Soutomaior ofrece visitas teatralizadas co obxectivo de por en valor o noso patrimonio

-castelo-de-soutomaior-ofrece-visitas-teatralizadas-co-obxectivo-de-por-en-valor-o-noso-patrimonio
Foto: Autoridades, actores, personal mantenimiento e visitantes

A Deputación de Pontevedra pon en marcha as primeiras visitas teatralizadas no Castelo de Soutomaior. Comezan este venres e terán lugar ata o 23 de outubro e xa teñen as prazas cubertas, pretenden promover unha forma diferente e divertida de achegarse á historia do castelo

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polo deputado delegado de turismo, Santos Héctor Rodríguez, participaron nunha visita teatralizada piloto ó Castelo de Soutomaior para coñecer in situ o seu desenvolvemento. As visitas, que comezan mañá e se estenderán ata o 23 de outubro, serán as primeiras que se organicen no castelo e teñen xa nestes momentos cubertas as súas prazas.

-castelo-de-soutomaior-ofrece-visitas-teatralizadas-co-obxectivo-de-por-en-valor-o-noso-patrimonio
A Presidenta e o Deputado de Turismo escoitan a ‘Pedro Madruga’

Trala visita teatralizada piloto, Carmela Silva quixo felicitar á compañía encargada da montaxe, Limiar Teatro, “pola súa capacidade para poñer en valor a historia do castelo e os seus xardíns e divulgala, dunha forma tan entretida, chea de retranca e humor, para espertar a curiosidade de persoas de diferente idade”. Neste eido, Silva subliñou que a través do  Plan de Usos e Viabilidade do Castelo de Soutomaior, presentado a pasada semana e elaborado “porque non se lle estaba dando ó castelo o seu valor real”, “queremos poñer en marcha diferentes actividades neste recinto co obxectivo de achegarnos ás familias, xa que sabemos que o turismo familiar está a acadar cada vez máis cotas de interese, e impulsar tamén a desestacionalización do turismo”.

-castelo-de-soutomaior-ofrece-visitas-teatralizadas-co-obxectivo-de-por-en-valor-o-noso-patrimonio
Emilia Pardo Bazán e María Vinyals

As visitas teatralizadas no castelo de Soutomaior, que terán lugar de xoves a domingo, durarán aproximadamente 45 minutos e nelas actores e actrices, vestidos de época, revivirán en clave humorística e coa retranca que tanto caracteriza ás e ós galegos, algúns momentos da historia do castelo. Durante o percorrido, que se vai desenvolver tanto dentro como fóra do castelo, “os visitantes poderán ver desde ó señor do Castelo, Pedro Madruga, ata unha grande muller que marcou o camiño para que as demais foramos detrás dela defendendo os nosos dereitos, María Vinyals,  acompañada de outra gran muller como Emilia Pardo Bazán ou un trobador”, destacou Silva

Carmela Silva manifestou que para esta primeira edición atópanse xa todas as prazas cubertas pero que de cara a vindeiras visitas teatralizadas se incrementarán porque “o noso obxectivo é que o Castelo e o seu xardín sexan visitados por milleiros de persoas para que poidan coñecer a nosa historia, xa que non se pode construír presente nin futuro sen recoñecer o pasado e, o noso, foi grandioso”.

-castelo-de-soutomaior-ofrece-visitas-teatralizadas-co-obxectivo-de-por-en-valor-o-noso-patrimonio

As visitas teatralizadas correrán a cargo de Limiar Teatro, unha compañía galega creada no ano 2009.  O seu espectáculo en Soutomaior ten por obxectivo poñen en valor o patrimonio material e inmaterial do castelo e os seus xardíns por medio do teatro, a danza, a música, a narración oral, a creación audiovisual e a gastronomía para crear unha experiencia multisensorial única para coñecer e descubrir a súa historia.

INFORMACIÓN  ACTUALIZADA A 23-09-2016:

Turismo Rías Baixas vén de ampliar as prazas dos grupos das visitas teatralizadas ao Castelo de Soutomaior, que comezan hoxe e durarán ata o vindeiro 23 de outubro, ante a ampla demanda de solicitudes de participación,castelo-de-soutomaior-ofrece-visitas-teatralizadas-co-obxectivo-de-por-en-valor-o-noso-patrimonio

Ademais, a Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou esta mañá que “xa se completou o aforo de todas as visitas programadas durante as dúas primeiras semanas” (dende hoxe 23 de setembro ata o seguinte domingo, 2 de outubro) deste proxecto que, lembrou Silva, “é soamente unha experiencia piloto, o Castelo de Soutomaior merece ter un proxecto máis ambicioso” xa que “non se pode permitir que xunto co de Sobroso estes dous castelos sexan tan descoñecidos para a nosa veciñanza e téñense que converter en dous referentes de atracción turística”.

Ata o momento xa hai preto de 500 prazas ocupadas nas visitas teatralizadas ao Castelo de Soutomaior, deixando arredor doutras 300 prazas libres dun total de 840 prazas dispoñibles, o que supón un aumento de preto dun 20% das prazas ofertadas inicialmente.

As quendas con máis prazas dispoñibles son as dos sábados e domingos ás 11:00 horas, sendo as vespertinas (de xoves a sábado) as de maior demanda. Lembramos que as prazas se poden reservar nos seguintes números de teléfono: 886 21 17 00 e 886 21 17 40.

 

- Publicidade -spot_img