spot_img
InicioCondado ParadantaO Castelo de Sobroso acolleu un faladoiro para por en valor a...

O Castelo de Sobroso acolleu un faladoiro para por en valor a figura da raíña Urraca I

o-castelo-de-sobroso-acolleu-un-faladoiro-para-por-en-valor-a-figura-da-raina-urraca-iO Castelo de Sobroso acolleu un novo faladoiro do programa da Deputación de Pontevedra Aquí faltan páxinas.

Revista Cousas De Nº22

Neste caso, a institución provincial converteu en protagonista á raíña Urraca Primeira de León, unha muller “esquecida pola historia e recuperada a posterori”, como explicou a deputada de Igualdade, Sandra Bastos, durante a inauguración.

O faladoiro, correu a cargo da xornalista e escritora Isabel San Sebastián (que publicou este ano ‘La temeraria’, un libro centrado na súa figura) e a historiadora experta en historia medieval feminina Carla Trincado, que puxeron en valor a súa figura e a súa historia, na que Sobroso tivo moito que ver, pois foi o lugar no que foi cercada polos partidarios do seu fillo.

“É importante descubrir mulleres como ela, a primeira muller monarca en toda Europa en exercer un reinado de pleno dereito, cuxo poder foi cuestionado por intentar cambiar as regras e rematar cos privilexios”, asegurou a deputada de Igualdade, quen incidiu en que “precisamos construír referentes para as nosas nenas e mozas, que medren sabendo que hai moitas mulleres que brillaron e brillan nos diferentes ámbitos”.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

Alcumada “a Temeraria” polo seu carácter batallador, filla e sucesora de Afonso VI e Constanza de Borgoña, en 1109 ascendeu ao trono do reino de León, que abarcaba tamén Galicia. Durante o seu mandato demostrou ser unha muller moi adiantada á súa época, que cambiou as regras que marcaban como debían comportarse as monarcas. A súa traxectoria, así como a das outras mulleres que forman parte da segunda colección do programa “Aquí faltan páxinas”, pode consultarse nun pódcast do que se poderá desfrutar tanto na web institucional como en Ivoox e Spotify.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.