spot_img
InicioVigo e áreaVigoO campus da UVigo impulsa un novo grupo de música tradicional

O campus da UVigo impulsa un novo grupo de música tradicional

o-campus-da-uvigo-impulsa-un-novo-grupo-de-musica-tradicionalA Vicerreitoría do campus da Universidade de Vigo suma unha nova iniciativa á Aula Permanente de Música Tradicional Galega na que máis de 40 persoas inícianse ou perfeccionan o seu manexo de diferentes instrumentos populares galegos.

Revista Cousas De Nº19

Trátase dun Grupo de Música Tradicional para o que se seleccionarán dez persoas con coñecementos musicais, que logo traballarán na preparación do repertorio desta agrupación baixo a dirección da gaiteira e profesora de gaita e percusión Marina Fernández Vigo. Ata este luns 23 pode realizarse a inscrición nunha iniciativa aberta tanto á comunidade universitaria como ás persoas que participan no presente curso na aula permanente. Como recolle a convocatoria desta actividade, unha comisión integrada por músicos profesionais seleccionará ás e os integrantes deste grupo, tendo en conta o seu currículo e habilidades musicais e vogais, a súa capacidade para improvisar musicalmente e o seu coñecemento do repertorio tradicional.

O propósito desta iniciativa é dar forma “a un grupo de calidade, que poida fornecerse de membros da aula e que poida representar á Universidade en diferentes foros”, sinala o director de área adxunto á Vicerreitoría, Luis Torres. “O obxectivo é que non sexa só un grupo de interpretación, senón tamén de traballo”, engade respecto dunha formación que tratará tamén de “mergullarse un pouco máis no mundo da música tradicional”, traballando, por exemplo, na compilación de pezas populares. Farao baixo a coordinación de Marina Fernández Vigo, gaiteira de Sondeseu e Os Melidaos, profesora no Conservatorio Profesional de Vilagarcía de Arousa e directora da sección instrumental de Cantigas e Agarimos.

Promovida coa colaboración da Deputación de Pontevedra e con “vocación de continuidade”, como apunta Torres, esta actividade insírese, como explica, na aposta pola cultura como un dos piares do proxecto de especialización Campus Crea. Nesta insírese tamén, lembra, tanto a Aula Permanente de Música Tradicional, que coordina Suso Vaamonde e no seo da que se conformou tamén un grupo con diferentes formatos, como outra serie de iniciativas como o ciclo de concertos Música para reCREAr ou o de narración oral Contos de Inverno, que trae este xoves á Casa das Campás o espectáculo Nabiza Girl de Isabel Risco.

- Publicidade -spot_img