spot_img
InicioO SalnésO campo de voluntariado "Centinelas do mar" velará polo coidado do mar...

O campo de voluntariado “Centinelas do mar” velará polo coidado do mar e a limpeza de zonas costeiras de Sanxenxo en agosto

O campo de voluntariado Centinelas do mar velará polo coidado do mar e a limpeza de zonas costeiras de Sanxenxo en agostoA directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, acompañada do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, presentou o novo campo de voluntariado que se realizará este ano no concello de Sanxenxo, unha das novidades da campaña de verán para este ano 2022.

Revista COUSAS DE Nº13

 

A directora xeral lembrou que nesta edición a Xunta pon a disposición 45 campos de voluntariado diferentes destinados a persoas de entre 18 e 30 anos. En Sanxenxo, o campo de voluntariado Centinelas do mar realizarase durante o mes de agosto e conta cun total de 15 prazas. Estará centrado no coidado medioambiental, localización de residuos e recollida dos mesmos en embarcacións tipo kaiak e SUP.

Cristina Pichel tamén destacou que a oferta da campaña de verán para este ano é a máis alta da historia, ao contar con máis de 10.800 prazas, tres mil máis que o ano pasado e mil máis que antes da pandemia. O prazo de solicitude aínda está aberto tanto para os campamentos como para os campos de voluntariado e accesible na páxina web de xuventude.

Obradoiro sobre imaxe corporal

A directora xeral tamén se achegou esta mañá durante a súa vista ao concello de Sanxenxo ao IES de Sanxenxo onde esta mañá se realizou un obradoiro do programa Quérote+ para concienciar ao alumnado sobre a imaxe corporal. Cristina Pichel puxo en valor estes programas nos que participaron este curso académico preto de 10.000 alumnas e alumnos de toda Galicia de preto de 450 centros diferentes.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.