·Publicidade ·spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Barbeira Season Fest pecha a súa mellor edición e pensa xa...

O Barbeira Season Fest pecha a súa mellor edición e pensa xa en superarse na seguinte

O Barbeira Season Fest pecha a súa mellor edición e pensa xa en superarse na seguinteHoxe domingo pechouse a terceira edición do Barbeira Season Fest, que se celebrou en Baiona durante esta fin de semana, e que completou o aforo durante os tres días de concertos. A música en directo de 18 grupos, a gastronomía do restaurante máis pequeno do mundo, e as actividades relacionadas co Camiño de Santiago, consolidan ao Barbeira Season Fest como un dos máis potentes de Galicia.

Isaac González, director do festival: “Agradecemos a Baiona todo o seu cariño e que nos puxese as cousas tan doadas para sacar adiante o festival”

O concerto de Valdivia abriu a derradeira xornada desta edición nun concerto de convivencia entre veciños de vila e o público do festival que reforza a vinculación emocional do Barbeira Season Fest coa Bahía de Baiona e a paisaxe da contorna. Isaac González, director do festival, comenta que “foi moi emocionante ver a veciñas e veciños de Baiona compartir un concerto tan fermoso, co mar de fondo, e demostrando a normal convivencia entre o Barbeira Season Fest a vila que tan xenerosamente nos acolle”. “Agradecemos profundamente a todas a todos os veciños de Baiona, dende aos responsables do Concello ata a Fran, o párroco de Santa Marta, por todo o seu cariño e por poñernos as cousas tan doadas”, remata González.

A xornada do domingo o público gozou cos concertos de Valdivia, Chef Creador, Mujeres, Tronco, Aiko El Grupo, La Borde, o concerto Vibra Mahou de The Kings of the Beach e, como colofón á terceira edición, Ladilla Rusa.

O Barbeira Season Fest, organizado pola promotora de eventos Elemental Street, conta co apoio da Xunta de Galicia, Xacobeo 21-22, a concellería de Cultura do Concello de Baiona e a plataforma musical de Mahou Cinco Estrellas, Vibra Mahou cuxos concertos están vinculados á colaboración establecida entra a cerveceira, a Fundación Paidea Galiza e a Escola da Organización Industrial co obxectivo de impulsar o emprendemento entre o talento musical emerxente. Ademais, para o restaurante máis pequeno do mundo, a organización contou coa colaboración de Deleite, Torre de Núñez, Traloagro e Congalsa.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies