spot_img
InicioGaliciaO artista gráfico Siro López será homenaxeado polo Día da Ilustración de...

O artista gráfico Siro López será homenaxeado polo Día da Ilustración de 2026

O artista coñecido como Siro, destaca polo seu traballo de caricaturista político e humorista gráfico, ademais doutras facetas como retratista, debuxante e pintor.

o-artista-grafico-siro-lopez-sera-homenaxeado-polo-dia-da-ilustracion-de-2026

A Xunta de Galicia colabora un ano máis polo Día da Ilustración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, que para o 2026 homenaxeará a Siro López.  Para conmemorar esta data a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude traballa xa na posta en marcha de diversas actividades como obradoiros ou exposicións baseadas na  traxectoria de Siro, que tamén ten un papel importante noutros eidos como o do xornalismo ou o do ensaio.

Sobre o autor

Nado en Ferrol en 1943, Siro foi un debuxante precoz con facilidade para o debuxo desde a infancia. Non tardou en experimentar con todas as técnicas posibles: tinta e pincel, sanguina, carbón, grafito, pluma, pastel ou mesmo técnicas dixitais. Ademais, foi o deseñador da Praza do Humor da Coruña (1990) e o autor do curso de galego Imos aló?, emitido na Televisión de Galicia entre 1989 e 1990.

A efeméride

O Día da Ilustración naceu co obxectivo de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais gráficos na industria cultural a través da homenaxe que se fai cada ano a un ilustrador ou ilustradora galega. Para celebrar a efeméride, creada no 2014, tomouse como referencia o nacemento de Alfonso Rodríguez Castelao, e forma parte do Calendario do Libro e da Lectura que promove a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. Desde entón, foron recoñecidos nomes como o de Lolita Díaz Baliño, Federico Ribas, Chichi Campos, Reimundo Patiño ou Xosé Vizoso, entre outros.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.