spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Arquivo Histórico e Biblioteca Municipal de Baiona Sancti Spiritus acollerá “La...

O Arquivo Histórico e Biblioteca Municipal de Baiona Sancti Spiritus acollerá “La Tertulia de Baiona en el 25 Aniversario de Torrente Ballester”

o-arquivo-historico-e-biblioteca-municipal-de-baiona-sancti-spiritus-acollera-la-tertulia-de-baiona-en-el-25-aniversario-de-torrente-ballesterO Arquivo Histórico e Biblioteca Municipal de Baiona Sancti Spiritus acollerá o vindeiro venres 2 de febreiro ás 20:00  “La Tertulia de Baiona en el 25 Aniversario de Torrente Ballester”

Revista Cousas De Nº20

A Concellería de Cultura do Concello de Baiona á fronte de Policarpo Vilar Misa organiza un acto para conmenorara o 25 aniversario da morte de D. Gonzalo Torrebte Ballester.

Desde “A Romana”, a súa residencia de vacacións na Ramallosa, foi entrevistado polo xornalista Víctor Iglesias Viqueira.

Este primeiro encontro, no verán de 1980, prendío unha faísca de complidad entre ambos e marcará o inicio dunha amizade que se fraguará entre cafés, cervexa, petiscos de tortilla e olivas, na primeira planta da cafetería Monterrey, en Baiona. Alí empezaron a atoparse case a diario inaugurando un faladoiro informal á que progresivamente e durante anos fóronse sumando outras persoas, como o escritor Carlos Casares ou o tamén pintor Manuel Prego Oliver.

Neste ocasión, a Concellería de Cultura conseguiu reunir para a efeméride ao xornalista Víctor Iglesias Viqueira; a Gustavo Garrido en representación da Fundación Carlos Casares e a Antonio Jesús Gil, Profesor Titular de Teoría de Literatura e Literatura comparada da Universidade de Santiago de Compostela, en representación da Fundación Gonzalo Torrente Ballester de Santiago, para revivir aquel faladoiro do Monterrey, como homenaxe a D. Gonzalo Torrente Ballester.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.