spot_img
InicioO MorrazoBueuO antigo cemiterio de Bueu convértese nun novo espazo público

O antigo cemiterio de Bueu convértese nun novo espazo público

O antigo cemiterio de Bueu convértes nun novo espazo públicoOs novos xardíns supoñen a recuperación dun espazo degradado e insalubre. Para Carmela Silva “este novo espazo é unha posta en valor do noso patrimonio arquitectónico e vexetal que mellora a calidade de vida da veciñanza”

Cousas de revista nº16

Os fondos do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra están a permitir que os concellos poidan converter en realidade os seus principais proxectos de recuperación do espazo público. É o caso do antigo cemiterio de Bueu, na contorna da igrexa de San Martiño, clausurado en 1970 e desde hoxe mesmo, cinco décadas despois, un novo lugar de encontro e desfrute cidadán transformado nun xardín de 1500 metros cadrados. Esta tarde, a presidenta e o alcalde Félix Juncal inauguraron esta actuación que acadou unha inxección de 135.000 euros do Plan Concellos e que supoñen, segundo explicou Carmela Silva, “poñer en valor todo o noso patrimonio tanto arquitectónico como vexetal e un importante embelecemento dun concello con tantos valores naturais e etnográficos como Bueu”.

A presidenta da Deputación deu os parabéns ao Concello de Bueu “porque ten un modelo moi claro, que compartimos, de transformación do espazo público”. Asegurou que “para esta institución provincial é unha alegría poder ser partícipe do cambio, sobre todo cando supón mellorar a calidade de vida das persoas e recuperar espazos verdes”, que lembrou que son “fundamentais para garantir a supervivencia do noso planeta”. A presidenta afirmou que “tan importante é crear espazos novos como manter vivo o recordo do que foron con anterioridade”, en alusión ao antigo cemiterio.

Pola súa banda o alcalde de Bueu, Félix Juncal, mostrou a súa satisfacción “xa que a actuación conta cun amplo recoñecemento da veciñanza, e cumpre cos obxectivos que perseguiamos: rehabilitar este lugar da memoria e convertelo nun gran parque público”. Lembrou que o proxecto naceu fai aproximadamente unha década, e salientou que esta actuación permite, por unha banda, “a accesibilidade en toda a contorna da igrexa”, e pola outra, fomentar espazos verdes con compatibilidade de usos que garanten “gardar a memoria”.

Cos fondos do Plan Concellos, o Concello de Bueu puido afrontar estas obras de recuperación dun espazo en desuso e que presentaba importantes problemas de salubridades. As obras consistiron, principalmente, no axardinamento do espazo –dotándoo de especies vexetais como camelias–, o acondicionamento de dous miradoiros –un máis amplo na parte norte, aproveitando a estrutura dun muro perimetral que estaba parcialmente derrubado–, a delimitación de carreiros interiores –perimetrais e un central–, a conservación e restauración do panteón que xa se atopaba nos terreos e que lembra os anteriores usos deste espazo e é ademais a motivación deste novo xardín público, a dotación de mobiliario público, e solucións para o acceso ao xardín desde a estrada provincial do Valado (EP-1303 Banda do Río-A Portela). Ao respecto disto último, construíronse un novo muro nesa fronte, superposto ao anterior, e dous tramos de escaleiras que sortean o desnivel existente –un dos tramos comunica directamente cos xardíns e outro co atrio da Igrexa parroquial.

- Publicidade -spot_img