spot_img
InicioGaliciaO alumnado galego pide a palabra pola educación

O alumnado galego pide a palabra pola educación

o-alumnado-galego-pide-a-palabra-pola-educacionMáis dun centenar de nenos e nenas de cinco centros educativos galegos, reclamaron ante o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que a súa voz sexa tida en conta e que desde Galicia se vixíe o cumprimento dos compromisos adquiridos a nivel internacional na Axenda 2030 de Desenvolvemento Sustentable.

Máis dun centenar de nenos e nenas de cinco centros educativos galegos (Apostol Santiago e San José da Guía de Vigo, CEIP López Ferreiro e Compañía de María de Santiago de Compostela e Colexio Santa María del Mar da Coruña) reclamaron ante o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que a súa voz sexa tida en conta e que desde Galicia se vixíe o cumprimento dos compromisos adquiridos a nivel internacional na Axenda 2030 de Desenvolvemento Sustentable facendo énfase especial na garantía dunha educación de calidade, inclusiva e gratuíta para todas as persoas do mundo.

Os cinco centros educativos presentaron os seus traballos e as súas reflexións no auditorio de Afundación á primeira hora da mañá e preparon consígnas que berraron polo centro histórico compostelán na Marcha pola educació.

As rúas compostelás convertéronse nunha festa, dinamizada por máis de 100 nenas e nenos galegos que defenderon o dereito de todas as persoas a ter unha educación de calidade. Hoxe, no mundo, 263 millóns de nenos, nenas e adolescentes non teñen acceso á educación e 758 millóns de persoas adultas son analfabetas, das cales dous terzos son mulleres.

“A educación mola mogollón” e “A educación é a solución” foron algúns dos lemas que se escoitaron polas centenarias rúas da cidade. Ao alumnado galego, sumárense ao longo da marcha moitas persoas comprometido co dereito á educación e a unha vida digna.

Na praza da Quintana pechouse o acto coa presenza do presidente da Xunta de Galicia. Feijóo escoitou atentamente as palabras e preguntas de nenas e nenos, quen lle lembraron que facer promesas ou asinar acordos sen ter orzamento para cumprilos é “como facer trampas, e a nós os maiores dinnos que facer trampas está mal, non fagan trampas!”.

O Presidente da Xunta recoñeceu a importancia de iniciativas como a Campaña Mundial pola Educación e a necesidade de escoitar aos cativos e cativas para tamén coñecer as súas opinións e as súas ideas.

O acto rematou cunha foto final na que se pediu “a palabra pola educación”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.