spot_img
InicioVal MiñorNigránO alcalde de Nigrán entrega os trofeos a Amfiv e as categorías...

O alcalde de Nigrán entrega os trofeos a Amfiv e as categorías superiores do C.B. Nigrán na primeira xornada do torneo Basket Sen Barreiras

alcalde-de-Nigrán-entrega-trofeos-Amfiv-categorías-superiores-C.B. Nigrán-primeira-xornada-torneo-Basket-Sen-BarreirasAlberto Valverde, xunto ás concelleiras Rosa Rodríguez e María José Pino, entregou hoxe as medallas e trofeos da primeira xornada do torneo Basket Sen Barreiras, organizado polo C.B. de Nigrán, na que participaron as categorías superiores do club local e os xogadores das escolas deportivas de Amfiv.

O torneo, que se disputará tamén ao longo da xornada de mañá e de carácter solidario, está amadrinado pola xogadora de baloncesto internacional Pilar Valero, congregará en Panxón a equipos de baloncesto federados de toda Galicia e máis de 400 xogadores.

O obxectivo desta competición é traballar a integración e transmitir un feito, que todas as persoas poden gozar do deporte sen ningún tipo de barreiras. Por iso, e tras a visita de hoxe das escolas deportivas de Amfiv, ademais das categorías baby, benjamín e alevín, a xornada de mañá terá como protagonistas a centros de educación especial, entre eles, 40 usuarios do Centro Juan María,

Desde o C.B. Nigrán dan  traslado do agradecemento a todos os organismos e patrocinadores que colaboraron na organización deste evento, e de forma especial ao alcalde de Nigrán, polo apoio que o concello brindou ao club desde o primeiro momento.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.